Burela, 13 de agosto de 2013. O Diario Oficial de Galicia publica este martes o anuncio de exposición pública do plan de usos do porto de Burela. Deuno a coñecer o alcalde, José María González Barcia, quen destacou a importancia deste documento elaborado por Portos de Galicia porque é necesario para facer despois un plan especial.
“É unha boa noticia. Xa sabíamos que se estaba redactando este plan, pero sen dúbida que é un paso adiante para definir o espazo portuario e os distintos usos que van ter as diferentes zonas do porto e é o primeiro paso para facer un plan especial do porto de Burela, que é o que ó final se pretende. Co plan de usos preténdese fixar non as infraestruturas a colocar senón simplemente para que fin se destina cada zona do porto. Por exemplo, na zona dotacional xa se sabe que aí vanse poder instalar dotacións, zona de uso exclusivo pesqueiro, zona de uso exclusivo náutico-deportivo”, explicou o rexedor municipal.
José María González Barcia anunciou que “desde o Concello vamos estudalo evidentemente e se vemos algo que lle poida afectar tanto ó sector como incluso ó propio Concello, como parte interesada, o que faremos é poñernos en contacto con Portos de Galicia. De tódolos xeitos hai un prazo de exposición pública largo, pois son 45 días, co cal tódolos interesados tamén van ter opción a poder consultalo”.
O alcalde de Burela tamén lembrou que “a ninguén se lle escapa a intención que temos desde o equipo de goberno de concretar a ubicación dunha estación depuradora de augas residuais (Edar) no porto. Pero, como quedou constatado despois das reunións que tivemos con Portos para a elaboración do plan xeral, non sería posible se antes non se fai un plan especial que previamente require deste plan de usos”.
Para rematar González Barcia salientou que “é un dos primeiros plans de usos que se fixo nos portos galegos e iso demostra a prevalencia do porto de Burela e o interese que ten por el Portos de Galicia”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



