Foz, 18 de setembro de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou de xeito moi positivo a visita realizada á vila pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen anunciou a adxudicación do proxecto de construción da residencia de maiores e unha obra a realizar na escola infantil A Galiña Azul.
O rexedor subliñou que “a relación entre o Concello de Foz e a Consellería de Traballo e Benestar é moi boa. O anuncio por parte deste departamento da adxudicación do proxecto definitivo da residencia de maiores de Foz, que se está a traballar nel e que en datas próximas espérase ter rematado, é unha grande noticia para Foz. Supón o compromiso por parte desta Consellería e da Xunta de que nos orzamentos de 2014 irá unha partida de 500.000 euros para a construción desta infraestrutura”.
Javier Castiñeira insistiu en que “se trata dunha boísima noticia para Foz, que ven resaltar o traballo realizado durante estes anos. Ademais tamén nos confirmou que se farán unhas obras importantes para a gardería Galiña Azul: cubrirase o patio infantil que está descuberto e non se pode empregar cando chove”.
O alcalde focense destacou o compromiso da Consellería de Traballo e Benestar: “é un departamento comprometido co noso concello; é un departamento que outorgou unha escola obradoiro recentemente, unha máis porque xa tivemos unha a primeiros de ano e agora no mes de outubro empezaremos con outra durante seis meses que está composta de dous módulos: xardinería e albanelería; esta Consellería tamén duplicou a cobertura de dependentes en Foz pasando de 25 a 52 neste último ano; é unha Consellería que lle concedeu a Foz unha subvención de 120.000 euros para os nosos maiores e serviu para axudar ao asilo de anciáns e a asociación de discapacitados de Foz; unha Consellería que promoveu varios cursos aquí e que motivou a posta a punto da aula de formación de Foz. Alí se está a realizar un curso de xardinería para 15 persoas”.
Castiñeira dixo esta tarde que “a de Traballo e Benestar é unha Consellería comprometida cos servizos sociais, comprometida co emprego; e nós o que facemos é ser agradecidos e dicirlle a Beatriz Mato que estamos moi contentos de que estivese aquí anunciando a adxudicación dese proxecto e esa obra a realizar no 2014 e que siga comprometida con Foz”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



