O Burela FS Pescados Rubén recibiu o venres pasado o galardón de Mellor Club Galego de 2013 na Gala do Fútbol Sala que celebrou a Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo. A entidade laranxa acudiu ao acto do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, representada polo fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco, o directivo do club Marcelino Luna, as xogadoras de Primera División RFEF Jozi, Paula e Marcela e o preparador físico Pablo Díaz.
Rubén Blanco recolleu a devandita distinción na compaña do alcalde de Burela, José María González Barcia, amosándose orgulloso por “recibir un premio que simboliza a recompensa ao traballo que o club leva realizando durante más de dez anos, con dedicación na formación de base e proxección no fútbol sala de elite”. O fundador de Pescados Rubén, patrocinador principal da entidade burelista, tamén destacou o esforzo e compromiso do club laranxa por seguir mantendo unha sólida estrutura como referencia do fútbol sala galego e español, despois dos grandes triunfos da tempada pasada.
A familia laranxa e os precisamente os éxitos do seu equipo de Primeira División RFEF tamén recibiron outro recoñecemento a semana pasada, coa estrea do documental ‘Non era un soño’. O traballo audiovisual, de Arracada Producións en colaboración con Logaidea Comunicación, proxectouse por primeira vez ante o público o xoves pasado, na casa da cultura de Burela. As/Os protagonistas do histórico dobrete de Liga e Copa 2012-13 puideron rememorar con emoción a súa xesta, xunto a directivos, xogadores e persoal da entidade, autoridades municipais, representantes de empresas patrocinadoras e numerosos afeccionados/as.
Semana Europea da Mobilidade
O fútbol sala laranxa pechou onte a Semana Europea da Mobilidade, organizada polo Concello de Burela, coa xa tradicional actividade ‘Dispara a Gol’. Lidia Mesías, Jozi, Maite, Juanma, Iago Míguez e Carlitos reuníronse na praza do Concello para gozar dunha entretida tarde de fútbol sala cos máis pequenos/as, afinando a súa portería cunha divertida portería xigante como diana.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
