A Mariña, 28 de setembro de 2013.- O Partido Popular quixo lembrar este sábado ao BNG que a Deputación de Lugo é a única das catro administracións provinciais galegas que está a incumprir a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar.
Incumpren a súa propia lei
Os populares lembran que o bipartito provincial chega ao absurdo de incumprir unha Lei -a 3/2008 de Servizos Sociais- que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
Prexuízo aos concellos e desprezo ás persoas dependentes
O incumprimento do Goberno bipartito provincial trae consigo importantes consecuencias negativas para os concellos lucenses que se vén na obriga de asumir con recursos propios e/ou a través do aumento das cotas que abonan os seus usuarios o financiamento dun servizo que a Deputación lucense está obrigada por mandato legal a soportar
“O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable do área de Benestar, Antón Veiga, coa complicidade necesaria de Jose Ramón Gómez Besteiro, incumpren, faltan á verdade e utilizan politicamente ás persoas que máis necesitan o apoio das administracións: os nosos maiores e dependentes”-insisten desde o PP
Teñen dispoñibilidade orzamentaria, pero non teñen vontade
Pero é que ademais os datos demostran que os actuais dirixentes da Deputación de Lugo son uns nefastos xestores xa que aínda que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos. “O benestar non é unha prioridade para o bipartito da Deputación que deixou no 2011 máis de 140.211 sen executar”
Pola contra a Deputación de Lugo si destina inxentes cantidades de diñeiro para outras accións do Goberno bipartito como é o caso de gastos en publicidade e propaganda, ou en actos protocolarios. Cada unha destas partidas incrementáronse nos orzamentos para o ano en curso máis do 35% superando os 1,2 millóns de euros
“Os nosos maiores non son importantes para os xestores da Deputación pero si outro tipo de gastos supérfluos que son a súa prioridade”-conclúen desde o Partido Popular moi críticos
Menos do 15% do custe do servizo
Para cuantificar a falta de apoio da Deputación o PP lembra que a administración provincial deixa sen cubrir o 85% do custe do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos da Mariña. Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo nesta comarca a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%.
Cadro exemplificativo no que se recolle o orzamento do SAF en cada concello da Mariña, así como a contía que aporta a Deputación Provincial de Lugo (incluída en porcentaxes):
| CONCELLO | ORZAMENTO SAF BASICO | APORTACIÓN DIPUTACIÓN | ||
| ALFOZ | 48570.10 | 7352 | 15% | |
| BARREIROS | 95480 | 8235 | 8.% | |
| BURELA | 48073.68 | 16790 | 34% | |
| CERVO | 35937 | 4737 | 13% | |
| FOZ | 39276.52 | 6618 | 16% | |
| LOURENZA | 44078.62 | 5618 | 12% | |
| MONDOÑEDO | 96984.45 | 16183 | 16% | |
| OUROL | 69079.66 | 9345 | 13% | |
| PONTENOVA | 18637 | 1774 | 9% | |
| RIBADEO | 164375 | 21575 | 13% | |
| RIOTORTO | 26000 | 13861 | 53% | |
| TRABADA | 66000 | 8661 | 13% | |
| VALADOURO | 64568 | 7918 | 12% | |
| VICEDO | 72407 | 8485 | 11% | |
| VIVEIRO | 250000 | 40457 | 16% | |
| XOVE | 261534 | 40868 | 15% |



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



