Mondoñedo, 28 de setembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo agradece á Xunta de Galicia a subvención que vén de conceder ao Concello, para que o equipo de goberno local, integrado polo PSOE e o BNG e liderado por Orlando González, poda seleccionar e contratar a tres peóns de obra.
O PP local reitera a implicación da Xunta de Galicia co municipio e, en concreto, neste caso a colaboración da Consellería de Traballo e Benestar que vén de achegar o financiamento para a creación de tres postos de traballo, nun momento de gran demanda de emprego na localidade.
A Xunta de Galicia achega a dotación orzamentaria, mentres que o equipo de goberno municipal (no que o PP non forma parte) deseñou as bases que regulan este proceso para cubrir estes postos de traballo mediante o sistema de concurso. Polo tanto, Orlando González e os concelleiros do PSOE e do BNG serán os encargados de seleccionar e contratar aos traballadores.
Neste senso, O Partido Popular de Mondoñedo quere informar aos veciños desta convocatoria, e explica que os interesados poderán recoller os impresos nas instalacións do Concello, que deberán presentar cubertas antes do 4 de outubro de 2013.
Esta subvención que supera os 26.000 euros, realízase pola Xunta de Galicia ao amparo da resolución de data 16 de setembro de 2013 relativa aos programas de Cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais.
Polo tanto, os populares vénse na obriga de agradecer unha vez máis a boa predisposición da Xunta de Galicia posta de manifesto en reiteradas ocasións, e máis cando leva implícita a achega económica para a creación de postos de traballo.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



