3 de outubro de 2013.- Ante as nefastas e demagóxicas declaracións verquidas polos diferentes políticos socialistas no tocante á valoración dos orzamentos xerais do estado para 2014, o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, lamentou hoxe que o PSOE continúe anclado na súa labor da mentira e de alertar aos cidadáns con falsos mensaxes e declaracións fora de contexto.
Asegurou Barreiro que nunca un goberno tivo tan presente a provincia lucense coma o de Mariano Rajoy e proba diso vese en que Lugo recibirá 99,12 millóns de euros para estradas, o que a converte na cuarta provincia con maior inversión de Fomento para este capítulo e terá unha inversión per cápita de Fomento que se sitúa en 334,6 euros, un 114,6% sobre a media nacional.
Asemade, Barreiro tamén salientou a inversión de Fomento en ferrocarrís na provincia de Lugo, posto que se incrementa en 2014 nun 7,3% respecto a 2013, situándose nos 17,64 millóns de euros.
O PSOE baseáse en promesas, o PP en traballo e feitos
Lembra o popular, que foi xustamente, o lucense, José Blanco, estando ao fronte do Ministerio de Fomento, quen deu as costas a Lugo e proba diso viuse na falsa promesa da A-8 posto que dixo que estaría operativa no 2011, e nos orzamentos para ese ano, rebaixou a partida a 64 millóns de euros non podendo resultar ser rematada. Nembargantes di Barreiro, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, non deixa a Lugo de lado e nos orzamentos do seu departamento para o 2014 están explícitas as partidas orzamentarias para rematar dita autovía (18 millóns para acabar os dous tramos que faltan: Mondoñedo Lindín- Lindín- Careira) e ademais tamén contempla partidas para acabar co problema das escorrentías ao paso por Mondoñedo. En definitiva di Barreiro, nas partidas orzamentarias de Fomento, está garantida o remate da A-8 neste ano 2013 e en condicións perfectas.
O popular resalta a importancia da A-54 e lembra que foi outra das promesas incumpridas de José Blanco, posto que retrasouna ata o 2015 e é agora o ministerio de Fomento quen destina o 80 millóns de euros para a A-54 entre Lugo-Santiago.
“Os orzamentos prevén que en 2014 continuarán as obras de tres tramos da A-54 entre Lugo e Guntín (“Guntín-Monte de Meda”; “Monte de Meda-Vilamoure” e “Vilamoure-Nadela”)”- manifestou Barreiro quen engadíu que agora retomaranse as obras do tramo “Palas de Rei-Guntín”, que estaban suspendidas e que agora contará cun orzamento de 15,5 millóns.
Destacou o presidente provincial os 100 mil euros para a licitación do proxecto e do tramo entre Barreiros e Foz e afirmou que isto supón o primeiro paso para que se faga efectiva esta infraestrutura para os veciños de a mariña.
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
Tamén fixo fincapé José Manuel Barreiro no Ministerio de Medio Ambiente, no que figuran partidas por un montante de algo máis de 7 millóns de euros para obras, como a ampliación do Sistema de abastecemento de agua a Lugo, melloras do tratamento de agua potable de Monforte ou a rede de colectores xerais en Lugo.
Pensións
No tocante as pensións, José Manuel Barreiro lembrou que o único partido que puxo en risco o sistema público de pensións foi o PSOE: “foron os socialistas os que as conxelaron as pensións”- lembrou Barreiro, quen engadiu que e é o goberno do Partido Popular, o que garante a sostibilidade do sistema público de pensións e o que impide que nunca máis se conxelen.
Neste senso, Barreiro lembrou que o PSOE deixou de ingresar no fondo de reserva 14 mil millóns de euros e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos pensionistas, manifestando que o compromiso do PP co sistema público de pensións levou a creación do fondo de reserva, a separación de fontes de financiamento para descargar ao sistema dos gastos que non lle corresponden e agora o factor de sostibilidade para garantir a mesma do sistema.
Barreiro instou aos socialistas a que deixen dunha vez a súa liña da demagoxia e da crítica e estuden os orzamentos xerais do estado para 2014, posto que son unhas contas que manteñen o rigor, a austeridade e seguen comprometidas coa redución do déficit público, ademais de que xa permiten ver os indicios da senda económica, froito dos esforzos dos cidadáns e do goberno para sacar a España, e polo tanto a Lugo, desta mala época económica.


















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



