Santiago, 3 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, aplaudiu este xoves a rectificación do PSOE nas posicións que viña mantendo esta formación política en varios asuntos de importancia para a flota pesqueira galega, máis en concreto, en relación coas consecuencias negativas da aplicación dunha política de descartes certo e tamén respecto da repartición dos TACs e cotas aplicando o principio coñecido como estabilidade relativa.
Balseiro “deu a benvida” aos socialistas ás teses que sempre defendeu o Grupo Popular contrarias a ambas cuestións, pero lamentou que, unha vez máis, “cheguen tan tarde”, xa que logo de terse producido con anterioridade servirían para aprobar por unanimidade diversas iniciativas parlamentarias que o Partido Popular promoveu no Parlamento de Galicia.
O deputado popular lembra que, na pasada lexislatura, sendo Marisol Soneira portavoz de Pesca do PSOE, non quixo apoiar sendas iniciativas do Grupo Popular contrarias ao mantemento do principio de estabilidade relativa como fórmula para o reparto das cotas de pesca, así como tampouco votou favorablemente ao ditame sobre a reforma da Política Pesqueira Común, que incluía unha petición expresa para reformular este criterio de repartición de TAC e cotas. Documento que despois si acadou o apoio unánime do Consello Galego de Pesca.
Esta non é a única ocasión na que o PSOE “non estivo á altura do que se esperaba” e, de feito, tampouco apoiou xa nesta lexislatura a proposta do Grupo Popular para que Europa “non impoñese a política de descartes cero, senón un calendario máis flexible e menos prexudicial, que permitira a adaptación da flota”
O deputado popular insiste en que no PSOE “tan só acertan canto rectifican” e sinala que polo ben dun sector tan estratéxico como a pesca e o marisqueo é para Galicia “deben abandonar este comportamento tan irresponsable cando se trata de defender os intereses da nosa flota”. Os populares censuran que nos últimos tempos puidemos ver como o PSOE é capaz “de defender unha cousa e a súa contraria, sen ningún problema”.
MAURITANIA
Por outra banda, o Partido Popular tamén lembrou ao PSOE que cando foi obxecto de debate no Parlamento de Galicia unha iniciativa para rexeitar o acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania, mentres este non incluíra posibilidades de pesca para a flota cefalopodeira, os socialistas tampouco o apoiaron, mentres que hoxe (como puido verse na Comisión de Asuntos Europeos da Cámara galega) parecen sumarse a aqueles que defenden un rexeitamento unánime deste acordo pesqueiro.
Balseiro vai moito máis lonxe e sinala que foi o PSOE quen negociou os puntos máis conflitivos deste acordo e, moi en concreto, a exclusión da flota cefalopodeira. “De feito, 5 das 7 rondas negociadoras leváronse a cabo co PSOE no Goberno central”. O portavoz do Mar do Grupo Popular explicou que coa chegada do PP ao Executivo central conseguiu que esta flota aparecera no acordo (iso si con cota cero) e seguirá dando a batalla, onde corresponda, para que non se aprobe un acordo pesqueiro que manteña a exclusión das embarcacións cefalopodeiras.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



