Santiago, 10 de outubro de 2013.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade a proposta defendida polo deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro para que os pacientes con enfermidades oncolóxicas (cancro) poidan recibir o seu tratamento de quimioterapia no Hospital da Costa, isto é, no seu centro hospitalario máis próximo e de referencia.
José Manuel Balseiro amosou a súa satisfacción polo acordo acadado, que saíu adiante sen ningún voto en contra, aínda que lamentou a abstención dos grupos da oposición que non foron quen de valorar o alto interese social deste medida que, entre outras vantaxes, evitará que entorno a 80-100 veciños da Mariña teñan que desprazarse ata a cidade de Lugo ou da Coruña, para recibir os seus tratamentos médicos.
Balseiro lamentou que socialistas e AGE non foran quen de votar favorablemente ante a posta en marcha dun servizo obxectivamente positivo para a comarca e agradeceu o voto favorable do BNG.
PROXIMIDADE COA SÚA FAMILIA
O acordo implica un mandato do Parlamento de Galicia á Xunta para que, a través do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), inclúa todos aqueles tratamentos de quimioterapia que, en función do criterio médico, poidan ser proporcionados no Hospital da Costa, así como tamén todas as probas complementarias e análises ás que son continuamente sometidos os pacientes con cancro.
Durante a súa quenda de intervención, Balseiro explicou que, cando se poña en marcha este proxecto, os pacientes aforraranse os prexuízos que no seu estado de convalecencia provócanlle os traslados á capital da provincia. E ademais, cada un deles veranse beneficiados pola proximidade coa súa familia.
VANTAXES DA XESTIÓN INTEGRADA
O deputado popular sostivo que a Cámara galega debe ser capaz de dar resposta ás necesidades máis urxentes e graves dos cidadáns no ámbito da saúde, entre as que estaría un achegamento á comarca deste tipo de tratamentos. Indicou tamén que a creación desta unidade básica de oncoloxía é máis factible grazas á posta en marcha do sistema de xestión integrada das áreas sanitarias lucenses, que facilitan o desprazamento dos profesionais, neste caso oncólogos, desde Lugo ata as distintas comarcas da provincia, si así se precisa.
Balseiro tamén adiantou que o SERGAS vén traballando, precisamente desde a posta en marcha do modelo de xestión integrada, no estudo de necesidades para facer posible este novo servizo, que incluiría habilitar os espazos axeitados para que poidan acoller aos doentes, a tecnoloxía médica precisa e o persoal sanitario correspondente.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



