A MARIÑA .- O observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o venres, día 12, en Burela, a campaña informativa “Que é iso da lei do aborto?”. O obxectivo da campaña é promover a reflexión crítica da sociedade dunha forma construtiva e contrastiva, para que deste xeito poida formarse a súa propia opinión sobre o aborto. O acto terá lugar en Burela, a partir das doce e media do mediodía, na confluencia entre as rúas Concepción Arenal e Rúa da Lamestra (esquina de Mobles Toxeiro).
Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este venres 12 en Burela a campaña informativa
‘QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’
As membras do Observatorio repartirán material informativo no que se explican diferentes posicións sobre a interrupción voluntaria do embarazo
A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este venres día 12, a campaña ‘QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’. O acto terá lugar en Burela, a partir das 12.30 do mediodía, na confluencia entre as rúas Concepción Arenal e Rúa da Lamestra (esquina de Mobles Toxeiro). Alí, buscando responder ao lema principal da campaña, QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’, as membras do Observatorio repartirán material informativo sobre as diferentes posicións que existen arredor da interrupción voluntaria do embarazo.
A metodoloxía deste material consiste en contrastar respostas a cuestións como “é un delito ou un dereito?”, “coarta ou aumenta a liberdade das persoas?”, “é só cousa de mulleres ou é importante para toda a sociedade?”, “mellorará ou empeorará a vida das persoas?”. O obxectivo da campaña é promover a reflexión crítica da sociedade dunha forma construtiva e contrastiva, para que deste xeito poida formarse a súa propia opinión sobre o aborto.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



