O sistema de cotas imposto pola UE discrimina o sector pesqueiro galego en beneficio doutros estados membros como Reino Unido, Francia ou Italia, ante a pasividade do Goberno do Estado e do Goberno Galego.
Segundo os recentes informes do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM), estímase que xa se atinxiu o Rendemento Máximo Sostible na pescada norte e considera que a súa biomasa reprodutora está nun record histórico, polo que se recomenda un aumento dos Totais Admisíbeis da Captura (TAC’s) nun 49 % para o 2014.
En palabras Mario Pillado, quen tomará posesión como concelleiro do BNG no próximo pleno municipal, “as medidas impostas pola UE poñen en risco numerosos postos de traballo en Burela que dependen directa ou indirectamente do sector: tripulacións, lonxas, transportistas, provedores… Non se entende que a flota dos portos de Burela e Celeiro teñan prohibida a pesca de pescada no Gran Sol, cando os propios informes do RAC e do CIEM, recomendan un aumento dos TAC’s para 2014 nun 49% e indican que as previsións para 2013 están moi por riba das acordadas inicialmente”.
Estamos ante unha situación paradoxal que xa se ten dado con outras especies como a xarda, como denunciou o BNG o pasado mes de maio. O caso da pesca é o mellor exemplo da incompatibilidade entre a política comunitaria e a capacidade produtiva de Galiza. A flota de altura, arrastre e baixura sofren constantes ataques de Europa avalados polo Partido Popular, polos gobernos galego e do Estado que actúan como cómplices do desmantelamento do sector pesqueiro, piar da nosa economía.
Neste sentido, Mario Pillado afirma que “o PP é responsábel por acción e omisión da complexa situación que atravesa o sector” e culpa a González Barcia e Balseiro de seren “cómplices da nefasta política en materia pesqueira dos gobernos galego e estatal, como quedou demostrado co nulo papel que desenvolveron ambos gobernos no marco da nova Política Pesqueira Común”. Pillado recoméndalles a Barcia e Balseiro que “teñan en conta a importancia que o sector ten para Burela e Celeiro en materia económica e de postos de traballo” e pídelles que “ademais de propaganda exerzan as presións oportunas ante os gobernos galego e español co fin de ofrecer solucións reais e urxentes aos afectados, solucións que necesariamente han de pasar polo incremento das cotas de pescada para o que fica de 2013”.
O BNG ten apresentado iniciativas e preguntas parlamentares tanto no Parlamento Galego como no Congreso dos Deputados a este respeito, para instar aos repectivos gobernos a tomaren medidas que dean unha solución urxente ao sector e tamén apresentará en Burela unha moción no próximo pleno neste sentido.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



