Burela, 18 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou este venres nunha das clases de apertura de actividades aos alumnos do curso Monitor Deportivo que se desenvolve no Centro de Formación de Burela, onde informou do “importante programa” de accións formativas para desempregados (AFD) que está a promover a Consellería de Traballo e Benestar na comarca da Mariña.
Arias, acompañada polo alcalde de Burela, José María González Barcia, e concelleiros do seu grupo de goberno, destacou que ao longo deste ano que este ano estanse a desenvolver na zona costeira 28 cursos incluídos no programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD), que supoñen un orzamento de preto de 1,4 millóns de euros.
A delegada fixo fincapé “no esforzo inversor que supoñen estas actividades, que son un piar fundamental dentro das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia” e que na comarca mariñá dan acceso a formación “a preto de 450 persoas sen emprego que dispoñen así dun marco educativo específico para mellorar ou reorientar a súa cualificación profesional”.
Arias puxo como exemplo do amplo abano de posibilidades que ofrece neste eido o programa que promove o departamento de Traballo e Benestar o curso de Monitor Deportivo que ven de comezar en Burela –“o único destas características que se leva a cabo na provincia”, puntualizou-. Trátase dun curso orientado “a un ámbito laboral que ofrece perspectivas de expansión no mercado de traballo” e que ten especial interese dentro da franxa de desempregados xóvenes.
De feito, este curso (que presenta unha carga lectiva de 318 horas) esgotou o cupo de ocupación e reúne entre os participantes a alumnos de puntos tan distantes na comarca como Viveiro, Foz ou Xove, ademais do propio municipio de Burela.
Ao respecto, Arias gabou o labor do centro de formación burelés, que programou cinco dos seis cursos AFD que se desenvolven este ano no municipio.
Ao fío das opcións que ofrecen estas iniciativas formativas, Arias significou a orientación da programación de cursos AFD cara “aos novos viveiros de emprego, como é o caso das actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, o turismo e a atención sociosanitaria”, pero tamén recordou que segue a darse cobertura ás demandas de formación en áreas como a xestión e a administración comercial.
Raquel Arias lembrou que as accións formativas sufragadas polo departamento de Traballo “pretenden mellorar a empregabilidade das persoas sen emprego a través dunha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo”, para o que conta coa participación doutras entidades públicas e privadas.
Ao respecto, celebrou a implicación “dos concellos, das organizacións sindicais e empresariais e mesmo de empresas privadas, que organizan boa parte dos cursos e axudan deste modo a configurar unha programación axustada ás necesidades do mercado laboral”.
As accións formativas incluídas neste plan pretenden atender aos requirimentos de competitividade das empresas, recoñecendo os sectores en alza e cualificando ás persoas desempregadas nas habilidades que demandan eses novos viveiros de emprego.
Centro propio na comarca
Arias fixo especial fincapé no “valioso papel” que desempeñan os centros propios da Consellería de Traballo e Benestar, situados en Monforte de Lemos, Lugo e en Viveiro, dentro da propia comarca da Mariña. En opinión da representante do Executivo galego na provincia, estes centros completan o catálogo de cursos -introducindo unha formación máis técnica- e dispoñen de instalacións e ferramentas mecánicas e tecnolóxicas axeitadas para a aprendizaxe práctica. Precisamente, o centro viveirense ofrece cinco dos cursos dos que se desenvolven na zona, e entre estes prevalecen as accións formativas de carácter tecnolóxico e mecánico.
Raquel Arias incidiu na importancia de “prepararse para o novo escenario laboral”, e insistiu en que “a alternativa de reciclarse e de formarse en novas materias é agora máis necesaria que nunca, dado que se precisa capacidade de adaptación para competir con máis recursos no panorama actual do mercado”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



