O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves 24 de outubro os convenios de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e os concellos de Agolada, Lourenzá e Xinzo de Limia para a xestión dos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte no sector gandeiro. O obxectivo dos convenios é establecer as condicións de xestión para a súa explotación, conservación e mantemento por parte dos mencionados concellos.
A normativa de sanidade animal establece a obriga xeral de limpeza e desinfección de todos os vehículos ou medios empregados no transporte dos animais de produción, unha vez realizada a descarga no centro de limpeza e desinfección máis próximo habilitado. Este centro deberá expedir un certificado do traballo realizado. Neste senso, resulta imprescindible a promoción das actividades destes centros, co obxecto de asegurar o establecemento de medidas preventivas en materia de sanidade animal.
Responsabilidades
A través destes convenios, os concellos de Agolada, Lourenzá e Xinzo de Limia serán os encargados de contratar o persoal necesario para a prestación do servizo; establecer e cobrar as tarifas que van satisfacer os usuarios, que se considerarán ingresos da actividade á disposición dos respectivos concellos; efectuarán o mantemento das instalacións e expedirán o certificado pertinente tras a realización da limpeza e desinfección.
Pola súa banda, a Consellería achegará aos concellos os importes definidos en concepto de contraprestación pola realización de labores de apoio ao mantemento dos stándares de sanidade animal. Así mesmo, facilitará o asesoramento técnico preciso para que os concellos poidan mellorar as condicións do servizo.
Orzamento
A Consellería financiará parcialmente o custo da xestión destes centros, sendo a achega total de 60.000 euros. En cada caso destinará 20.000 euros a cada municipio, á razón de 5.000 nos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, respectivamente.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



