Lugo, 29 de outubro de 2013.- Un total de 20 centros educativos da provincia de Lugo desenvolverán ao longo deste curso 2013/2014 plans de formación do profesorado específicos, adecuados ás particularidades da súa propia comunidade educativa, ao abeiro da convocatoria realizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Plan Anual de Formación do Profesorado. Na primeira convocatoria destes plans, que se desenvolveu ao longo do curso 2012/2013, participaron 68 centros educativos de toda Galicia con cadanseu plan, que implicaron a formación de 1.552 docentes e un investimento da Consellería de preto de 220.000 euros.
O portal educativo http://www.edu.xunta.es/web/ publica hoxe a resolución na que se detallan os centros que se incorporan a esta iniciativa – 13 da provincia de Lugo- e os que continúan desenvolvéndoa ao igual que fixeron o curso pasado- 7 da provincia de Lugo-. Trátase, dunha nova aposta da Xunta de Galicia pola actualización dos coñecementos dos docentes como un dos eixos fundamentais para a mellora da calidade educativa. Estes plans de formación, para os que a Consellería prestará o seu apoio económico e humano – a través dos Centros de Formación e Recursos e do Centro Autonómico de Formación e Innovación- son ademais unha aposta máis pola autonomía dos centros educativos á hora de analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido que tamén se está a traballar desde os contratos-programa.
Liñas de traballo
As propostas que deberon presentar os centros xiran arredor dalgunha das sete liñas de traballo contempladas na convocatoria, referidas á programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras; á integración didáctica das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), e ao uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais; á mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade; á convivencia escolar e o clima da aula; e ás propostas para a atención á diversidade e os cambios metodolóxicos asociados. As liñas seis e sete foron as referidas ás accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e á actualización científica e didáctica do profesorado, e á xestión directiva dos centros, respectivamente.
Para seren seleccionados, cada centro tivo que propoñer un plan integrado por un ou dous itinerarios formativos en relación con algunha das devanditas liñas de traballo; itinerarios que estarán compostos por, polo menos, dúas ou tres actividades, tales como seminarios, cursos ou grupos de traballo.
Os materiais que xurdan do desenvolvemento de cada un dos plans que finalmente se autoricen poderán poñerse en común para o beneficio de toda a comunidade educativa galega e a difusión das boas prácticas dos centros, en prol dunha mellora da calidade do ensino.
Centros participantes
A relación de centros da provincia que participan por primeira vez este curso na iniciativa é a seguinte:
| Nome do centro | Concello |
| IES Enrique Muruais | A Pontenova |
| CEIP San Xoán | Becerreá |
| IES Val do Asma | Chantada |
| CPI Poeta Uxío Nononeyra | Folgoso do Courel |
| CPI Ramón Piñeiro | Láncara |
| CEIP Rosalía de Castro | Lugo |
| IES Ánxel Fole | Lugo |
| IES Francisco Daviña Rey | Monforte de Lemos |
| CEE Infanta Elena | Monforte de Lemos |
| IES de Ribadeo | Ribadeo |
| CEIP Frei Luis de Granada | Sarria |
| EEI de Sarria | Sarria |
| CEIP Virxe do Carme | Sober |
A relación de centros que xa participaron no curso 2012/2013 e repiten este ano é a seguinte:
| Nome do centro | Concello |
| CPI de Castroverde | Castroverde |
| EOI de Lugo | Lugo |
| CEIP de Monforte | Monforte |
| IES Xograr Afonso Gómez | Sarria |
| CEIP Antonio Insua Bermúdez | Vilalba |
| IES María Sarmiento | Viveiro |
| CEIP Pedro Caselles Rollán | Xove |























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



