Lugo 29 de outubro de 2013.- O BNG négase a condenar todo tipo de actos terroristas e a rexeitar, polo tanto, calquera tipo de violencia nun estado democrático; ao votar en contra da iniciativa presentada polo Grupo Provincial do PP e que si contou co apoio da formación socialista.
Os populares tachan de “deplorables” as actitudes “daqueles que defenden aos terroristas” e lamentan que unha agrupación política non sexa quen de rexeitar as actuacións levadas a cabo por Resistencia Galega, con membros sobre os que caeron penas de prisión por pertenza a “organización terrorista”.
A voceira do PP na Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, explicou que unha sentencia da Audiencia Nacional, Sala do Penal Sección 3, refírese a Resistencia Galega como “organización terrorista”.
Coñecedores desta situación o BNG non foi quen de “votar a favor dunha moción na que se manifestaba o rexeitamento a todo tipo de actos terroristas; incluídos os de Resistencia Galega, ademais de solidarizarse coas vítimas terroristas e apoiar o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.
O BNG impediu que dende a Deputación Provincial de Lugo se trasladase aos lucenses que non se vai deixar ningún tipo de rasquizo a que os cidadáns se cheguen a saltar as regras de xogo que os españois deron.
Oposición a calquera tipo de violencia
Os populares manifestaron a súa oposición a calquera tipo de violencia e, por suposto, da terrorista, que “non ten cabida nunha democracia, onde todos os cidadáns e, especialmente, os representantes públicos, “debemos estar unidos na súa condena e en ningún caso desculpando e minimizando feitos que poden atentar contra a vida e a integridade das persoas”.
Candia explicou que se ten que “trasladar aos cidadáns que as institucións condenan a violencia”, e “quen pon unha bomba atenta contra todo e contra todos”. “Atenta contra o dereito á vida e a integridade física e moral, algo que consagra a Constitución”, matiza.
Así, aos populares preocúpalles o amparo que se lle está a dar a estas agrupacións dende algún sector político. “Hai determinadas cuestións das que non se pode dubidar. Cando pensamos nun sistema democrático as formas e a expresión política son a palabra e a acción é que hai mecanismo de protesta lexítimos como manifestación”.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



