Lugo 29 de outubro de 2013.- O único candidato a presidir Novas Xeracións na provincial de Lugo tralo congreso que terá lugar este sábado, Daniel Vega, fixo este martes balance dos actos de campaña que levou ao longo de distintas comarcas de Lugo.
Neste contexto, Vega destacou o traballo que desenvolveron os afiliados da agrupación política xuvenil, que “ao longo destes tres últimos anos fixeron posible unha organización máis forte”.
Estes encontros que veñen de rematar tamén lle serviron ao popular para convidar aos afiliados de Novas Xeracións a que “nos vindeiros anos sigan a participar máis activamente ca nunca para lograr acadar con ilusión a realización de todos os puntos do programa co que se presenta”
Foro de debate
Estes actos comarcais de campaña electoral, celebrados en Foz, en Lugo, en Sarria e en Vilalba e nos que participaron todos os afiliados da organización, tiveron como obxetivo primordial difundir o programa electoral co que Daniel Vega se presenta a dirixir aos mozos do Partido Popular na provincia.
Do mesmo xeito, estes actos convertéronse, ademais, en foros abertos nos que os afiliados puideron aportar novas ideas ao programa, reforzando deste xeito todos os puntos do mesmo e facéndoo un programa aberto a todos eles.