Espazo Ecosocialista considera que os actuais orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014 afondan as desigualdades e a desvertebración.
Espazo Ecosocialista considera que os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014, que desde a semana pasada iniciaron o seu tramite no Parlamento de Galicia, afondan nas desigualdades entre a cidadanía, non resolven os problemas centrais das persoas como o desemprego e a perda de dereitos, e ademais agravan a desvertebración dun país cada vez máis insustentable.
Para Espazo Ecosocialista este son os orzamentos dun país intervido, cun goberno sen capacidade de reacción e atado por unha débeda ilexítima que non se cuestiona. Ademais as previsións macroeconómicas son triunfalistas, falsas e irreais (pura propaganda).
O goberno da Xunta de Galicia, igual que o do estado, aposta toda esperanza de crecemento ao sector exterior como palanca de crecemento e mellora da demanda.
Faino cunha previsión ridícula (do -1,2 ao +0,8 do PIB), de xeito autocompracente e irreal e baseado na caída dos salarios.
1. As persoas non son o primeiro
Estamos diante duns orzamentos que reflicte que o endebedamento segue a medrar e que se prioriza na redución do déficit cunhas previsións irreais a costa da xente do común namentres que as rendas máis altas quedan excluídas dos ‘sacrificios’.
Séguese na política de recortes sociais, que afectan aos sectores máis desfavorecidos e afondan no desmantelamento do reducido e tardío estado de benestar, rescatase sectores especulativos e non se rescata ás persoas que están a sufrir as consecuencias desta crise provocada polos sectores especulativos que agora se benefician da situación dos mercados e das axudas públicas.
2. Crecen as desigualdades sociais
As persoas ricas son cada vez máis ricas e as persoas pobres cada vez máis pobres.
Os ingresos fundamentais seguen a ser das persoas con nómina namentres que se sigue a normalizar a ‘corrupción económica’ pola que as rendas máis ricas evaden ou fan artificios contables para gravar o mínimo:
– Seguen os privilexios fiscais para os máis ricos, SICAVs…;
– A Igrexa segue sen tributar polo que ten e goza;
– Non hai impostos especiais por contaminar, ás grandes superficies…;
– Non mellora a persecución da fraude fiscal; …
Esta política fiscal e económica está a provocar unha caída de ingresos que so recae sobre o conxunto da xente do común, anuncio do céntimo sanitario xa cuestionado polas autoridades europeas, e os beneficios fiscais mínimos non o notarán as familias:
– Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
– Imposto sobre Sucesións e Doazóns
– IRPF: Baixada do tipo de gravame para as rendas máis baixas dun anecdótico 0,5%.
– IRPF: Increméntase a dedución por nacemento ou adopción so en 60 €
– Mínimo aumento da dedución por coidado de fillos menores, de 200 a 400 €
O Paro seguirá a ser o principal problema nos orzamentos do 2014 cun 22,40% da taxa de poboación activa.
Nesa situación, que non apunta mellora ademais se reducen as prestacións, se formaliza o modelo de traballo máis precario e máis inseguro e peor pagado.
Ademais o mantemento do diferencial con España, de 4 puntos, un consolo de resignación e non dun goberno disposto a resolver os problemas centrais da xente.
Din mellorar o escenario macroeconómico pero séguese a destrozar as economías familiares pola suba dos gastos correntes das persoas do común: cesta da compra, luz, auga, calefacción, medicamentos, libros de texto, taxas…
3. Nin sustentables nin vertebradores
Un ano máis, a palabra sustentable para a Administración Feijoo non é máis cun adxectivo co que salpementar as máis variopintas declaracións.
A ausencia de políticas orzamentarias de apoio ás enerxías renovábeis, a teimuda insistencia nas infraestruturas de transporte por estrada esquecendo a implantación dun verdadeiro servizo de transporte público intermodal. Tamén a nula implicación no desenvolvemento de políticas eficaces na protección de espazos naturais, a insistencia nas mesmas políticas forestais e de loita contra os incendios que demostraron claramente o seu fracaso, a escasa preocupación polo cambio climático e o pico do petróleo e polas políticas que permitirían diminuír o seu impacto e os inexistentes orzamentos para políticas amplas de educación ambiental conforman un panorama desolador para a sustentabilidade ambiental do noso país
4. Good bye estado de medioestar
Con este orzamentos seguimos na senda imposta polos oligopolios e o capital especulativo de desmantelamento do estado de benestar.
As prioridade de gasto social son irreais ou falsas:
– Namentres a emerxencia social é maior, a previsión de gasto mantense igual que no 2013, en 4,5M de €.
– A dependencia non aumenta practicamente, de 275,9 a 278,2 mentres que as necesidades si que aumentaron.
– O RISGA aumenta 7 puntos cando a exclusión social aumentou moito máis.
– Os comedores escolares, con repago, aumentan 1 punto.
– A sanidade segue o seu proceso de privatización.
As liñas prioritarias do fondo de crecemento son reducidas e non abordan as necesidades prioritarias:
– 14 millóns para Cohesión Social, Benestar e calidade de vida, moi pouco para as necesidades crecentes.
– 246 para dinamización económica, crecemento e emprego
– 96 para a economía do coñecemento
– 44 para sostibilidade ambiental
Especial preocupación é o referido ao financiamento local que seguira igual, e dicir, no estrangulamento, e isto ademais no contexto da reforma da administración local que persigue valeirar de contido o poder local e transferilo a administración non democráticas como as deputacións e que poñen en perigo real a continuidade das políticas sociais, carto piar do estado social xunto coa sanidade, educación e pensións.
As universidades verán diminuír o seu funcionamento paralelamente á conxelación dos fondos para I+D+i, centrais para saír da crise e vertebrar un modelo alternativo ao especulativo e o do crecemento rápido xa coñecido.
5. Hai Alternativas
O discurso das elites políticas e económicas sustentase en que non é posible outra política.
Desde Espazo Ecosocialista consideramos que si é posible outra política orzamentaria tanto na política de ingresos coma de gastos, e que vaia parella ao cuestionamento dos mecanismos monetarios e fiscais consagrados como dogma nos últimos anos polos partidos hexemónicos na Unión Europea.
Debemos aproveitar a crise para construír un novo modelo de desenvolvemento sustentable que se alonxe do crecemento especulativo e curto pracista e poña as vías de desenvolvemento en novos sectores económicos ligados a programas de desenvolvemento sustentable. Para iso é necesario crecer en políticas de I+D+i e novos sectores de economía verde ou social.
Faise necesario cuestionar a débeda ilexítima e recuperar a soberanía financeira e monetaria, pero a corto prazo tamén revisar as políticas fiscais de ingreso gravando máis a quen máis ten e eliminando exencións fiscais a grandes fortunas ou axudas a reflotar empresas mal xestionadas.
Tamén faise necesario unha política de gastos que priorice no social e medioambiental e que elimine no gasto superfluo da administración:
– Eliminación das deputacións
– Redución do gasto corrente ( no orzamento so se reduce o 0,1%)
– O Fondo de continxencia que aumenta un 23,5%
Namentres a administración autonómica despilfarra, á opinión publica intentáselle convencer da necesidade de recortar a democracia (recorte de escanos no parlamento) e ‘adelgazar’ a administración pública. As traballadoras das administracións públicas galegas serán, un ano máis, o chivo expiatorio da crise, verán minguado o seu poder adquisitivo por cuarto ano consecutivo e saqueadas as súas pagas extras por segundo sendo, na súa grande maioría, mileurista.
Espazo Ecosocialista entende que para saír da crise fai falla cambiar o modelo pero tamén cambiar a forma de construír o modelo, necesitase de radicalidade democrática, de orzamentos participativos e máis aló de fiscalidade participativa.
So así a crise non se levara por diante a xente.
Por todo iso, Espazo Ecosocialista entende que o mellor que poderia facer a Xunta de Galicia seria retirar esta proposta de orzamento e a elaboración de outros.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



