Os alumnos de 1º e 2º do CEIP Vista Alegre de Burela realizaron este martes 29 de outubro unha saída para visitar os castiñeiros centenarios situados na Vila do Medio. De camiño fixeron unha parada para ver unha das construccións máis características da arquitectura popular galega que forma parte da paisaxe, das costumes e do patrimonioo etnográfico de Burela: os hórreos. Con estas actividades que abarcan principalmente contidos de coñecemento do medio as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia abordan temas ecolóxicos coma a biodiversidade, as especies autóctonas, as costumes e tradicións do pobo en torno ao castiñeiro e a castaña,etc. Segundo informa a Concellería de Medio Ambiente de Burela “as monitoras pretenden que os alumnos se interesen pola natureza e os seres vivos, valoren o aproveitamento dos recursos naturais e coñezcan algúns dos aspectos básicos do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia”.





















Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



