Foz, 30 de outubro de 2013. A Casa da Cultura de Foz acollerá todos os xoves do vindeiro mes de novembro ás oito da tarde un ciclo de charlas médicas organizado polo Concello e o Hospital da Costa. Esta iniciativa foi presentada hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e por directivos do centro sanitario comarcal: o xerente, Francisco Soriano, e o subdirector médico, Ignacio Núñez.
A primeira charla será o día 7 de novembro, tratará sobre a febre no neno e correrá a cargo da pediatra María Guinda Giménez. A seguinte está programada para o 14 e a subdirectora de Enfermería, Isabel Díaz Castro, falará da prevención de úlceras por presión. O día 21 o especialista en Uroloxía Ángel Núñez López disertará sobre as enfermidades de próstata e a última charla do ciclo será o 28, tratará sobre o servizo de hospitalización a domicilio e será impartida polo médico José Luis Fernández Fernández.
O rexedor municipal de Foz destacou que é a 13ª edición do ciclo de charlas médicas polo que “xa é un clásico do mes de novembro e estamos encantados de que a nova xerencia do Hospital da Costa siga con esta boa costume. Por iso agradecemos a Francisco Soriano e a Ignacio Núñez, xerente e subdirector médico do centro, esa proximidade que posibilita que os profesionais do Hospital da Costa se poidan desprazar a Foz para que os nosos veciños e outros que queiran vir poidan recibir unha charla médica interesante sobre asuntos coma os problemas prostáticos, a gripe infantil ou a hospitalización a domicilio, un servizo novo do Hospital da Costa que se iniciou como experiencia piloto e que se quere explicar á poboación”.
Javier Castiñeira está “encantado de que sigamos recibindo novos servizos do Hospital da Costa e esperemos que o sexa tamén a atención aos pacientes de cáncer, para que poidan dar os seus tratamentos en Burela, evitando así o seu desprazamento á Coruña ou a Lugo. Encantados de que o xerente estivera aquí con nós, en Foz, e agradecemos esa dispoñibilidade”.
Francisco Soriano deu a grazas e felicitou ao alcalde de Foz “por esta iniciativa de estas charlas médicas y la oportunidad que nos da de salir de del hospital a la población en general para darle información sanitaria, que se refleja en estas charlas médicas sobre temas cotidianos, del día a día. Hemos querido este año que aparte de médicos haya también una enfermera, que dé una charla sobre temas cotidianos, lo que hace que los pacientes y los familiares puedan saber actuar en todo momento. Nosotros estamos encantados de poder colaborar con esta iniciativa, que considero muy importante y espero que durante otros años se pueda celebrar, porque creemos que es importante que el hospital salga y podamos transmitir toda la información cotidiana a los usuarios”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



