De 1933/ 97 rexiron a Casa as Monxas dos Anciáns Desamparados, e por tratarse dos inicios imos lembralos en breves pinceladas, seguindo escrito anterior, esperando sexan expresivas dos traballos e dos días. O cronista, por veciñanza e relación, foi testemuña do decorrer da vida no espacio mais digno e fermoso do nefasto urbanismo local, e marco axeitado (“edificio que es honra y ornato de la villa”, escribira Trapero) para as leccións de vida que alí se prodigaban dende a ètica do amor ó próximo e a humildade; do respecto aos semellantes, depauperados física/mentalmente por infindos avatares vitais; de solidaridade e sensibilidade humana e da filosofía do compartir…En 1983 eran as vodas de ouro e pensouse que merecían a celebracion digna, acorde co sentir dos focegos hacia a institución que era a súa fachenda e que ao máximo participaran con opinións e suxerencias, ideas e traballos.Con tal fin convocouse unha xuntanza á que se convidou ós párrocos de todo o concello, directores de Colexios, APA,s ,Amas de Casa e Viuvas, Asociacións Cultuais, Deportivas; de Veciños,Confraría, Irmandade,,,.Tralos debates, nomeouse unha Comisión e Presidente de Honor dela a Pepe Paz, alcalde. En base ao expresado polos asistentes, os comisionados foron debullando unha serie de actos, espallados ao longo de varios meses: Banda de Sober, a Coral Eo; o Orfeón de Mondoñedo, O Feitizo cunha exposición de artistas socios que doaron o importe das vendas. Por primeira vez actuou na vila o Ballet Rey de Viana, de prestixo mundial; o éxito foi apoteósico, con mais de dous mil asistentes..Baloncesto iternacional: O.A.R. de Ferrol, de 1ª, e San Marino All-Star, con xogadores americanos, que viña de gañar en Italia un torneo de sona mundial e espertara grande expectacion Un partido de fútbol-sala entre o Mascoto da Coruña e unha selección local. Non lembramos en Foz, antes nen despois, montaxe semellante, Ao remate do mesmo a Comisión entregou á Superiora un cheque por preto de medio millón de pesetas. Quedou como testmuña da efeméride o monolito de granito instalado á entrada daquela Casa.
Suso Fernández


















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



