Lugo, 31 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Riotorto quixo desmentir unha vez máis as informacións que se están a difundir desde a alcaldía e, nesa liña, reafirmar que nin os pacientes hospitalarios, nin os pacientes de hospital de día, nin os pacientes de hospitalización a domicilio, nin os pacientes de atención urxente pagarán a prestación farmacéutica.
Os populares demandaron ao alcalde de Riotorto que “non confunda á poboación con mensaxes alarmantes e deixe de xogar coa sensibilidade da xente” e lamentan que haxa políticos interesados en inventar un copago farmacolóxico que non responde ao novo sistema de aportación regulado na normativa vixente.
O Real Decreto-Lei 16/2012 tan só establece unha aportación reducida para as medicinas que se dispensan nas boticas hospitalarias con receita médica. Neste caso introducindo ademais “un criterio máis xusto” en función da renda, e no que operan exencións que ata o momento non existían como a que establecen que deixen de pagar os parados que non cobran subsidio de desemprego (cando antes pagaban o 40%); os perceptores do RISGA e outras persoas sen recursos ou, introduce un tope máximo de 8 euros para pensionistas.
PENSIONISTAS: MÁXIMO 8 EUROS
“Os pensionistas, tanto se a súa medicación se dispensa no hospital como nas farmacias, manteñen sempre o tope de 8 euros”, aseguran desde o PP, quen tamén puntualiza lembrando que para os traballadores activos se introduce “unha aportación do 10 por cento do fármaco hospitalario para os traballadores activos, co tope de 4,2 euros”.
Os populares tamén aclaran que de derrogarse este novo sistema algúns fármacos volverían a dispensarse a través de atención primaria, o que suporía que os usuarios deberían pagar entre un 40 e un 60 por cento do importe dos mesmos, “unha cantidade sensiblemente superior ao 10 por cento que abonan na actualidade”.
DEMAGOXIA
Para rematar, os populares afirman que os anuncios do rexedor, de asumir o pago farmacéutico dos seus veciños é unha decisión “demagóxica e enganosa” e demandan ao alcalde que traia, pasado un ano, a factura do que tiveron que pagar, “porque aí é onde se poderá comprobar a mínima utilidade desta decisión”.


















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



