RIBADEO .- Ribadeo conta cunha comisión organizadora das festas patronais de 2009. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “no día de onte tivemos unha nova xuntanza aberta a todas aquelas persoas que quixesen participar na organización das festas de San Roque e da patrona deste 2009 e debo dicir que afortunadamente un grupo de veciños, uns quince, manifestaron a súa intención de participar na organización destes festexos. Son homes e mulleres de aquí de Ribadeo que pertencen a diferentes profesións, temos traballadores por conta allea, algún empresario, comerciantes… penso que demostran un ánimo importante e que as festas deste 2009 tentarán ser o mellor posible, dentro do pouco tempo que queda para organizalas”.
O rexedor di que “puidemos ver ideas positivas pola súa parte e penso que estas festas serán dignas. O próximo luns haberá unha nova xuntanza para concretar as actuacións a realizar nos 4 días de festa que haberá, o martes 8 de setembro (o día grande), o luns e a fin de semana anterior”.
Suárez Barcia suliña que “desde o Concello brindámoslles o noso apoio e colaboración na medida das nosas posibilidades tanto a nivel económico con esta aportación de 12.500 euros e máis logo co alumeado decorativo e todas aquelas outras cuestións de apoio que nós desde o Concello tamén lles efectuamos. Incluso había ideas novas que si a comisión estima levalas adiante tamén as imos apoiar, co sentimento de que para recaudar diñeiro para facer unhas boas festas é necesario facer cousas novidosas con respecto a anos anteriores”.
O alcalde demanda a colaboración da cidadanía, “quero agradecerlles a participación voluntaria e desinteresada ás persoas se ocuparán das festas e pedir no seu nome, ainda que en breve se presentarán en público, á cidadanía de Ribadeo que os apoie e que colabore económicamente para facer unhas festas da patrona importantes”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



