O día 2/11/2013, celebrouse en Narón a XI Edición do Campionato Cidade de Narón, os arqueiros de Castelarco alí desprazados fixeron alarde dun nivel técnico a ter en conta, na categoría Benxamín os seus dous representantes Ángel Galante Briones e Fernando Fernández Romero “Nano”, pasaban a puntuación de corte establecida para pasar ás rondas de eliminación. Ambos arqueiros destacaron nos rounds clasificatorios, Ángel situábase primeiro cunha excelente puntuación de 273 puntos sobre 300 máximos posibles, mentres que Nano supérase a si mesmo obtendo 249 puntos, o que fai subir a súa media de puntuacións do 8,1 ó 8,3, e o que lle vale para situarse en cuarto lugar.
Iniciadas as eliminatorias no sistema de sets, ous dous arqueiros mariñáns terán que enfrontarse, xa que o primeiro necesariamente compite contra o cuarto clasificado. Ambos arqueiros estiveron impresionantes, sendo o máis acertado Ángel, quen gañaba os sets a tan só un punto de Nano, finalizando este primeiro encontro 6-0 en favor de Ángel. Nas finais, Ángel enfrontaríase ó representante de Club Escola Lucense de Tiro Con Arco (CELTA), unha eliminatoria que dominou o arqueiro de Castelarco ata situarse 5-1, a tan só un punto do final (o empate teríalle sido suficiente). Juan, o representante do CELTA, logra remontar o resultado poñéndose 5-5, o que equivale a ir á frecha do desempate, onde a máis achegada ó centro da diana dará a victoria. Ángel adiántase e logra colocar a súa frecha no centro da diana, podendo a presión con Juan, quen coloca a súa saeta nun 8, coa conseguinte victoria para Ángel. En canto a Nano, bateríase polo terceiro posto contra o representante do Club Arco Ares, logrando tomar a vantaxe por 2-0, pero non foi suficiente ante a reacción do arqueiro do Ares, que tras os sets quedaría terceiro cun resultado de 2-6. Finaliza esta categoríapara os arqueiros de Castelarco co mesmo resultado que nas rondas clasificatorias, Ángel 1º e Nano 4º.
Na categoría Senior, os representantes masculinos de Castelarco Gabriel Galante Briones e José Manuel García Cordido “Campa” finalizaban cuarto e décimoquinto correspondentemente, cunha puntuación sobre os 600 puntos máximos de 556 para Gabriel e 474 para Campa, algo frouxo para o primeiro tendo en conta o nivel ó que se está a mover, e un grande logro para o segundo, que así sube a súa puntuación anterior obtida no pasado Trofeo de San Froilán, superando así os 440 puntos. Ambos arqueiros pasaron o corte participando nas series eliminatorias 1/16, Gabriel bate ó seu primeiro contrincante cun contundente 6-0, caendo no seu segundo encontro contra Antonio Otero do Club Lumelar de Ourense, despois dun fallo de estratexia, xa que se situaba Gabriel 4-0 a tan só un set e victoria, unha equivocación na solta provoca que perda o set e con isto a concentración, o que aproveita Otero, gañando o encontro 6-4 e, por conseguinte, apeando a Gabriel da competición. Campa, pola súa parte, disputou a súa eliminatoria contra o representante do clube anfitrión, o Club Narón: Rodrigo, quen fixo valer o seu nivel gañando cun contundente 6-0, pero Campa amósase satisfeito, xa que as súas puntuacións, aínda non sendo suficientes para bater a este rival, foron mellores incluso que as acadadas nos rounds de clasificación.
A única representante feminina de Castelarco na categopría Senior non tivo o seu día, unha serie de fallos de material e técnicos deixábana na quinta posición tras das series clasificatorias, cunha puntuación de 412.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
