Plantacións de até 100 ha continuas para queimar en centrais de biomasa
Cañete retirou o bambú do catálogo español de especies invasoras e Feijóo prepara un decretro de cultivos enerxéticos que permitirá o cultivo masivo desta especie invasora nos nosos montes con destino aos fornos das eléctricas.
A industria apunta e o governo dispara
As perspectivas de negocio da gran industria pasteiro-enerxética están dende hai anos centradas na biomasa, e máis concretamente nos cultivos enerxéticos destinados á produción de electricidade en centrais térmicas. Porén, o marco normativo tanto estatal como galego non resultaba propicio para o desenvolvemento a grande escala do aproveitamento da biomasa forestal primaria, isto é, dos cultivos enerxéticos.
Por unha banda, a nível estatal moitas especies exóticas de crecemento rápido, necesarias para formecer de grandes cantidades de biomasa ás plantas termoeléctricas, estaban consideradas invasoras no catálogo español de especies exóticas (Real Decreto 1628/2011), prohibíndose o seu cultivo masivo. Por outra, a regulamentación galega da biomasa (Decreto 149/2008) limitaba o número (8), potencia (10MW por planta) e natureza da biomasa aproveitábel (preferentemente forestal residual).
Coa chegada do PP a Madrid, unha das primeiras accións de Cañete foi “depurar” o catálogo de invasoras, “amnistiando” a varias especies con alto potencial invasor para permitir o seu aproveitamento cinexético ou comercial. Tal foi o caso so bambú, unha planta exótica con grande potencial de infestación.
En Galiza, a Xunta leva meses cociñando un decreto de cultivos enerxéticos que permitirá o desembarco masivo desta e doutras especies invasoras de crecemento rápido nos nosos montes. Serán plantacións monoespecíficas de até 100 ha continuas e ciclos de corta de 4-6 anos, ou anual no caso do bambú, con destino ás térmicas: A consigna é Plantar-Queimar-Plantar o máis rapidamente posíbel.
Unha grave ameaza (outra máis) para a nosa biodiversidade
O impacto destas novas invasións e do modelo produtivo que levan aparellado afectará directamente á nosa biodiversidade e afondará da dependencia de propietarios e comunidades de montes da patronal pasteiro-enerxética.
Neste senso, son xa varias as comunidades (Moraña, Cuntis, Valga, Forcarei, Caldas…) que teñen recibido a visita de representantes do negocio do bambú, que ofrecen todos os servizos (plantas, mantemento e recolla da produción) e prometen beneficios superiores aos do eucalipto.
Os cultivos enerxeticos precisan de grandes cantidades de abonos, auga e pesticidas para manter un alto e constante ratio de produción. Son moi agresivos co medio degradando o solo e reducindo a súa fertilidade e poderían significar a perda definitiva da biodiversidade dos montes e a desaparición de moitas masas forestais autóctonas.
Resulta irónico que a Xunta que ano tras ano non é quen de controlar os lumes forestais, pretenda agora queimar todo o que se cultive nos montes…
Ligazóns
Os plans do PP para a biomasa
Borrador do decreto de cultivos enerxéticos
Cañete e as especies invasoras: Mmmm






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



