A Mariña, 9 de novembro de 2013. Ao contrario do anunciado por dirixentes do SERGAS e do PP coa aprobación do Decreto de Xestión Integrada con dirección en Lugo, a atención sanitaria segue distanciándose dos doentes da comarca e perdendo calidade. Nestes días numerosos doentes da Mariña están sendo citados en Lugo para a realización de probas diagnósticas indispensábeis para a detección do cancro de colon, unhas probas endoscópicas e colonoscópicas que ate agora se realizaban na Mariña e que por mor do colapso existente no servizo e o boicot da xerencia provincial para a ampliación de persoal facultativo volve obrigar a doentes da comarca a desprazarse a Lugo xunto cos seus acompañantes provocando gastos e molestias innecesarias das que son responsábeis directos o SERGAS e un xerente provincial decidido a converter Burela nunha sucursal do HULA.
Os doentes da comarca, obrigados a desprazarse a Lugo para facer endoscopias que antes se facían na comarca
A Plataforma desvelou que lle consta que nas últimas datas diversos especialistas en dixestivo foron entrevistados no Hospital da Costa para ampliar o horario do servizo e abrir unha segunda sala endoscópica diante do colapso e a enorme demanda existente para estas probas fundamentais para a detección do cancro de colon. De xeito inesperado, cando todo parecía indicar unha mellora no servizo para desatascar as listas de agarda, o proxecto quedou aparcado iniciando a citación de doentes para ser atendidos polas tardes en Lugo. Dende a Plataforma poñen en cuestión estas decisións que son un exemplo mais de que o modelo de xestión integrada con dirección en Lugo ademais de afastar o servizo sanitario da comarca, degrádao e forza o desprazamento da cidadanía mariñá a Lugo para recibir asistencia sanitaria que antes se prestaba aquí.
O SERGAS e o Xerente Provincial queren converter o Hospital da Costa nunha simple sucursal do HULA
Dende a Plataforma aclaran que estes servizos sempre se prestaron na comarca polo que a solución ao exceso na demanda non pode ser o préstamo puntual dalgún facultativo do HULA e moito menos o traslado de doentes a 100 kms. da comarca, senón ampliando o persoal e o servizo na comarca. Denuncian que esta solución fai á Xerencia de Atención Integrada con dirección en Lugo responsábel do boicot á mellora de servizos no Hospital da Costa, impedindo a contratación do persoal facultativo necesario para cubrir a demanda, afastando a atención sanitaria dos doentes e convertendo ao Hospital da Costa nunha sucursal do HULA que como moito presta por horas ao seu persoal facultativo. A Plataforma engadiu que a infrautilización dos servizos do Hospital da Costa repercute nuns resultados de xestión menos eficiente e por tanto tende a xustificar novos recortes e derivacións cara outros centros sanitarios fora da comarca. Para a Plataforma as responsabilidades deste novo recorte están no SERGAS que aplica recortes masivos, no xerente provincial que planifica a asistencia sanitaria de toda a provincia e ten prioridades innegábeis no HULA e un xerente executivo do Hospital da Costa incapaz para decidir nada mais alá do que lle ordenen.
Gastos e trastornos para os doentes e acompañantes obrigados a desprazarse a Lugo
Explican que as probas diagnósticas, especialmente a colonoscopia, ten efectos secundarios posteriores que non permiten ao doente saír polos seus propios medios do centro sanitario polo que é obrigada a presenza de acompañantes. Para a Plataforma a citación de doentes para estas probas en Lugo non só supón unha rebaixa na calidade asistencial na nosa comarca, tamén un trastorno para os doentes e as súas familias aos que obrigan a desprazarse causando gastos e trastornos innecesarios.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



