Quen dixo que para ser ministro ou ata presidente de goberno non fai falta estudar? equivócase. Isto vale tamén para o resto de cargos e responsables públicos, incluídos alcaldes, por suposto. Hai que estudar e moito. Polo menos picaresca, manipulación, absolutimo, caciquismo e sobre todo a máis importante de todas as técnicas: a verborrea.
Quen non estudou verborrea non sería capaz de explicar dunha forma tan noventa “despedimento en diferido” do señor Bárcenas fai uns meses, ou xustificar investimentos millonarias por exemplo en aeroportos que apenas teñen catro viaxeiros diarios, e moitas outras alucinacions máis que o único que fixeron é facer ricos aos “amigos del alma” ou, peor aínda, desmantelar o estado do benestar con prevaricación e alevosía, sen que se lles caia a cara de vergoña.
Agora resulta que tamén, nese afán de empobrecer aos cidadáns, van e recortar 33.000 millóns de euros das pensións perante os próximos nove anos. O seu argumento, o mesmo de sempre: a caixa da Seguridade Social non dá para tanto. Quérense volver pasar polo forro dos seus pantalóns a Constitución. Non sería a primeira vez. Recorden finais de 2011 cando o presidente de entón, Rodríguez Zapatero co apoio da bancada do PP cambiouna para que fose prioritario o pago da débeda antes de calquera outro pago, léase pensións, educación, sanidade, etc. O artigo 50 da Constitución Española afirma, si serve de algo: “Os poderes públicos garantirán, mediante pensións adecuadas e periódicamente actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade”. Xa que logo teñen a consideración de “gastos obligatorios” que pola súa natureza non están ligados á suficiencia de recursos presupuestarios, nin á evolución dunha determinada fonte de ingresos. O Estado ten de concorrer cos recursos necesarios para asegurar o pago das pensións, sexa coas cotizacions ou con calquera outro imposto. E si as cotizaciones non son suficientes para financiar as prestacions nunha determinada conxuntura, o desfase ha de ser cuberto coas achegas do Estado”.
O que me fai máis graza de todo isto é que o chaman aforro. ¡Serán capullos! Aforro é evitar un gasto ou consumo maior do ordinario e necesario, como previsión de necesidades futuras. E nos tempos que corren e coas pensións de merda que teñen moitos dos nosos maiores , caso de miña nai, que actualmente ata teñen que manter en moitos casos aos seus fillos e netos… Aforro din, máis recortes e outra vez de novo onde máis doe.
O que me indigna é que parece que o fan con cachondeo. Desde fai uns anos centos de miles de persoas están denunciando as cláusulas abusivas que introduciron os bancos e as súas caixas nas hipotecas das nosas vivendas. Refírome ás chamadas “cláusulas chan” que sangran os nosos petos. Pois agora van e dinnos: ¿non queriades caldo?, pois agora ídesvos a tomar dúas cuncas?. E practicando a verborrea colócannos unha “cláusula teito” para non subir as pensións máis do 0,25% en lugar do índice do IPC como ata agora. Boten números e verán a risa que lles dará cando o IPC, é dicir a cesta da compra, suba un 3 ó 4% ano tras ano e o seu mísera pensión unha merda do 0,25%. Intentaranllo explicar, pero con verborrea. Pero a realidade dame outra hostia ben dada, hoxe nos papeis din que a pesar de todo esto os “malandrins” voltararian a gañar hoxe as eleccions e no sector donde mais votos recollen e precisamente o dos xuvilados, para esto meu abó Xesus de Regal tiña a frasecita adecuada: “Sarna con gusto non pica”.
Otero Regal.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



