Foi o 24 de novembro de 1996 a primeira vez que na vila celebrouse a festividade de Santa Cilla, patroa dos músicos,. A Banda, creada por Arcadio Mon tres anos antes, no seo da Escola de Música, promotora da efeméride e, bisoña oomo era, acaso a mais da comarca, quixo, ó incorporarse á vida dos colectivos veciños, render homenaxe ós vellos músicos que, dende moitos anos antes, foran os artífices da actividade musical na bisbarra. Músicos de Mondoñedo, Valadouro-Alfoz. Ribadeo, Lourenzá , Viveiro e Trabada. A eles que, dende as carencias de todo tipo, foron exemplo de entrega e de amor á arte musical; porque as bandas populares foron, ó longo das sucesivas xeracións, as depositarias e tamén divulgadoras do noso acervo musical, levando ás xentes o coñecemento e disfrute deste eido da cultura, e asemade canteira das que se nutriron boa parte das orquestras que aledaron tantas horas da mocidade de xeracións pasadas. As homenaxes prolongáronse perante seis anos sucesiivos, tantos como localidades protagonizaron a historia que se lembraba.
Pobo a pobo, amenizando as festas; nos actos litúrxicos ou cos concertos, a banda foi, no decorrer dos tempos, o único xeito de acceder ás obras clásicas ou tradicionais ou ás novas composicións. Por iso eran merecentes do distingo. Foz tivera, entre finais e principios dos s.XIX e XX, unha banda: a de Martiz, de Vilaronte, e don Paco del Riego, insigne intelectual galeguista, Fillo Predilecto de Lourenzá, finado hai arredor dun ano, con preto de cen de idade, que pasara os doce primeiros agostos en Foz, contaba cómo os domingos, antes de xantar, o grupo daba un concerto no peirao…
O día 23 de novembro, sábado,a Banda, coa Coral Polifónica de Foz (que recentemente acadou un novo e soado éxito en concerto na cidade de Xixón), van celebrar a patroa con unha misa que cantará a Coral e seguidamente ambos colectivos ofrecerán unha actuación en dúas partes: a primeira a Banda e a segunda as dúas agrupacións que incluirán no programa algúns pasaxes de históricas zarzuelas.
Suso Fernández
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



