O Departamento de Obras do Concello ven de adquirir unha desbrozadora de brazo lateral recto, a cal se acopla a un tractor desbrozador. Esta nova desbrozadora, loxicamente, substitúe a unha vella que xa finalizou a súa vida operativa. Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do encargado de persoal de obras, estivo vendo “in situ” o funcionamento desta nova desbrozadora, podendo comprobar unha mellora de prestacións respecto á vella; unha das melloras sinaladas é o maior alcance do brazo, que vai permitir rozar máis e mellor, e tamén chegar a zonas onde a vella non podía.
O investimento realizado nesta máquina foi de 40.000 euros, séndolle adquirida á empresa Agrícola Curtis S.L. Desta cantidade total, o noso Concello aportou 12.000 euros, correspondendo os restantes 28.000 €uros a unha subvención da Consellería de Presidencia, concretamente a liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinada a entidades locais de Galicia, que ven recollida nunha orde do pasado 13 de maio e que saíu publicada no DOG do 16 de maio deste ano.
Cabe sinalar que a A Lei 8/2009, do 22 de decembro, regula o aproveitamento eólico en Galicia, crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. O canon, na súa calidade de prestación patrimonial de dereito público de natureza extrafiscal e real, ten como obxectivo contribuír a regular na nosa comunidade autónoma o ambiente na súa consideración de ben protexido; o artigo 9 da citada lei establece que os ingresos derivados do canon, deducidos os custos de xestión, se destinarán á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales serán principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



