A Mariña, 4 de decembro de 2013. O BNG da Mariña defenderá a vindeira semana unha emenda aos orzamentos da Xunta na que solicitará a posta en marcha dun plan de emprego para a comarca da Mariña, onde as políticas do Partido Popular están tendo consecuencias demoledoras.
Os datos do paro de novembro demostran que a comarca mariñá é a máis castigada pola falta de políticas reais de emprego do Partido Popular desde a Xunta e o goberno do Estado. Mentres no conxunto da provincia de Lugo descende o desemprego, na Mariña sube o paro ata máximos históricos, acadando practicamente as 5.700 persoas desempregadas segundo os datos da Consellaría de Emprego.
“Mentres o PP utiliza as persoas paradas para orquestrar campañas partidarias e xogar coas necesidades da xente, desenténdese absolutamente desta problemática e non fai nada por solucionar a sangría do desemprego que está a asolar a comarca da Mariña.” Os nacionalistas consideran que “os dirixentes populares quedan totalmente desacreditados diante dunha sociedade mariñá que ve como son absolutamente inútiles para resolver os problemas reais da xente.”
“Agardamos que teñan un mínimo de vergoña e non se atrevan a volver falar de desemprego salvo que sexa para aportarlles solucións ás casi 5.700 persoas que están a sufrir as consecuencias dunhas políticas que o único que fixeron foi acabar co tecido empresarial da comarca. Desde que o PP chegou ao goberno no 2009 foron continuos os despedimentos e peches nas empresas da nosa comarca: Gres Burela, Construciones Mon, Ecar, Muebles Hermida e un longo etc. que aínda non rematou e do que temos o claro exemplo na situación que se está vivindo en Sargadelos, con un novo ERE que afectará a 41 persoas ou a situación que se pode vivir na planta de Pescanova en Xove.”
Por estas razóns, os nacionalistas defenden que “é preciso realizar políticas reais de emprego e quen pode facelo é a Xunta de Galiza, que ten as competencias para realizalas. Pola contra, o único que está facendo é acabar coas empresas e industrias da Mariña e condenar ás mariñás e mariñaos á emigración.”

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



