Burela, 12 de decembro de 2013. Sesenta e cinco demandantes de emprego participarán este sábado nas terceiras xornadas de networking organizadas pola Axencia de Colocación e Empresa de Recolocación de Academia A Mariña. A cita contará coa presenza dunha vintena de empresas do territorio galego.
A directora da Axencia Privada de Colocación e Empresa de Recolocación de Academia A Mariña, Raquel Hermida, sinala que “hablar de Networking es hablar de relaciones, de contactos e intereses comunes, de desarrollo, de creatividad, de inteligencia social, de estrategias, de fuerza y esfuerzo, de generosidad, de negocio, de inspiración. Hablar de networking es hablar de personas. Desde la Agencia Privada de Colocación queremos transmitir esta fuerza y estas estrategias en estas terceras jornadas de networking, que servirán para fomentar nuestras competencias y para desarrollar lo mejor que llevamos dentro: nuestra marca personal”.
Hermida engade que “con esta estrategia queremos dinamizar nuestro mercado laboral, queremos que nuestras empresas sepan el talento que existe en la zona y queremos que los demandantes de empleo tengan unas buenas herramientas para trabajar su propia marca personal, y poder mostrársela a nuestros empresarios para que si les surge alguna vacante de empleo sepan que aquí también hay talento”.
As terceiras xornadas de networking terán lugar nas instalacións de Academia A Mariña en Burela o sábado, 14 de decembro, de nove da mañá a dúas da tarde. De 8:30 a 9:00 horas los participantes recollerán o material e as acreditacións. De 9:00 a 10:30 horas desenvolverase unha xornada de traballo denominada Marca personal y comunicación. De 10:30 a 11:00 horas haberá networking entre demandantes de emprego (actividade grupal). De 11 a 12 horas haberá un café-networking con todos os empresarios, co obxectivo de que traballen as súas dotes comerciais. E de 12 a 14 horas demandantes de emprego e empresarios reuniranse e establecerán contactos.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



