Lugo, 12 de decembro de 2013. Un ano máis, a área de Deporte da Deputación de Lugo colabora na organización do Torneo de Pádel a prol de Unicef, que se celebra, desde hai tres, en datas próximas ao Nadal coa intención de recadar fondos para destinar aos programas que desenvolve Unicef para garantir os dereitos de nenas e nenos de todo o mundo. Así o anunciou, esta mañá, o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, no acto de presentación desta actividade, no que estivo acompañado por Myriam Garabito, presidenta de Unicef en Lugo; e Carlos Carballo, representante do club +qpádel.
O III Torneo de Pádel a prol de Unicef, que se vai celebrar os días 13, 14 e 15 de decembro nas instalacións de +qpádel Lugo, xa conta con arredor de 160 persoas inscritas, todo un éxito a nivel participativo. Ademais dos partidos de pádel, para os que se establecen as categorías dobres masculino, dobres feminino e individual masculino, con tres niveis de xogo: experto, avanzado e iniciación; incluirá tenis de mesa e bádminton, para os que haberá unha única categoría: open individual. Ademais, como novidade e en resposta á gran afluencia de nenas e nenos na pasada edición, nesta edición establécese unha categoría infantil.
Segundo explicou Antonio Veiga, “este é un evento necesario para reflexionar sobre a situación que se está a vivir non só a nivel estatal senón tamén a nivel mundial” e precisou que “independentemente do auxe que ten a día de hoxe o pádel, desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo consideramos de gran importancia os valores que hai detrás de todo deporte e detrás do labor que leva a cabo Unicef, polo que brindamos o noso apoio a esta actividade, a que esperamos teña continuidade en anos vindeiros”.
A organización do torneo está pensada para potenciar a participación por enriba doutros aspectos, xa que canta maior sexa a afluencia de xogadoras e xogadores, maiores serán os fondos que conseguirá a Unicef para continuar desenvolvendo o seu labor de cara á loita polos dereitos das nenas e nenos do mundo.
Os fondos que se recaden coa celebración deste torneo irán destinados principalmente á vacinación de crianzas de países próximos onde os máis pequenos non teñen cubertas necesidades primarias como pode ser o dereito á vida, contribuíndo así á supervivencia infantil.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
