Este venres 13 de decembro o colectivo de afectados polo Decreto de comedores concentráronse no CEIP de Cervo ás 16.30 horas, mantendo a nosa protesta polas consecuencias do Decreto de Comedores, ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
“Levamos 13 semanas xantando cos nosos fill@s no parque ou na retoral os mércores e concentrándonos os venres diante do CEIP e os responsables da Consellería aínda non tiveron tempo de responder aos nosos escritos, de entablar un diálogo cos pais e nais afectados; mais non sorprende, cando non tiveron en conta a postura do Consello Escolar de Galicia á hora de elaborar este Decreto de Comedores”.
“O Decreto, deseñado desde o entorno urbano, non contempla as circunstancias d@s alumn@s do rural, aqueles aos que a administración ten que garantir os servizos necesarios para seren escolarizados no centro educativo máis próximo, xa que carecen de escola na súa poboación. Tampouco resolveu a falta de comedores no ámbito urbano, onde non había segue sen haber servizo”, critican.
“Levamos meses buscando e valorando unha solución. Sabemos que desde o CEIP solicitaron a ampliación de prazas de comedor, ante a demanda de matrícula, denegadas polo Consellería. Que o Concello ofertou transporte a mediodía, xustificándoo como medida de apoio a matriculación, medida que decae, cando a Consellería só garantiza ao Centro para o alumnado da área de influencia, e cando xa explicamos que os transporte a medio día é inviable, por non dar tempo a volver ás clases da tarde, someter aos nenos e nenas a uns desprazamentos diarios agotadores e estresantes, discriminándoos no tempo de xogo e actividades”.
Así, “mantemos ante os/as responsables do noso Concello a nosa petición de apoio as familias mediante becas de axuda á escolarización axudando a financiar o gasto de comedor a tod@s @s alumn@s empadronados no noso Concello que estudan nos Centros Públicos, paliando así as deficiencias do Decreto de Comedores da Xunta”.
“Resúltanos paradoxo que a Xunta de Galicia retire o dereito compensatorio de servizos como o comedor escolar e que o trasporte poda correr a mesma sorte, mentres desenvolve unha nova campaña para asentar poboación no rural”. Por iso, “suxerimos que a mellor inversión, a mellor campaña para o rural é dotalo de recursos que garantan a igualdade de oportunidades para os nenos e nenas que nel viven e vivirán no futuro”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



