Un das galerías máis veteranas e consolidadas de Salamanca, a Galería de arte Annia, acolle unha exposición de Otero Regal baixo o nome ‘Esculturas de Cerámica’ na que se poderán ver ata finais de xaneiro 29 pezas de cerámica de mediano e gran formato.
A súa inauguración celebrouse este xoves 26 de decembro coa presenza do profesor de Bellas Artes da Universidade de Salamanca, Lorenzo González -que ten a súa segunda residencia en San Román do Val e que habitualmente fabrica parte da súa obra en Regalxunqueira nos talleres de Regal Cerámicas- o cineasta Manolo Gómez e a súa muller, Cristina González -tamén profesora de arte- entre outra nutrida representación de artistas salmantinos que acompañaron ao autor.
Otero Regal fixo unha diferenciación entre a cerámica e a escultura durante o acto: “Básicamente, la pregunta se respondería si la comparases con ésta otra: ¿qué diferencia hay entre la percusión y la música? Una estaría incluída dentro de los recursos de los que se sirve la otra. Para más datos: con la percusión… puedes hacer música o sólo ruido. La cerámica sirve como herramienta… para hacer esculturas… pero podría haber “ruido” también. Se podría afirmar que la escultura es el producto MATERIAL de haber trabajado con el espacio, como lenguaje de expresión. El hecho de modificar volúmenes, huecos, espacios… hace una escultura, no importa el material usado para ello. Hay quienes dicen que un peluquero/a es un escultor, un cocinero también o un bailarín, coreógrafo o escenógrafo… un director de teatro…también trabaja con el espacio. Pero cuando se trata de incluir el TIEMPO como ingrediente, lo convierte en un producto EFÍMERO de la creación… y AHÍ COMIENZA LA DISCUSIÓN ESTÉTICA, SEMIOLÓGICA, e Histórica. Una persona que construye un edificio… también esculpe… pero tiene otra intención… ¿ ésta intención de aplicar el espacio a un fin concreto, lo hace menos valedero como escultura? La cerámica, si la usas para hacer un plato y comer sobre él… no será una escultura, porque la INTENCIÓN la convierte en “ruido””.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



