Lourenzá, 26 de decembro de 2013. O Concello de Lourenzá modificará as normas urbanísticas para permitir a construción de pequenas edificacións nos núcleos rurais ao linde coa finca veciña, sen ter que retranquear. Este asunto someterase a aprobación no vindeiro pleno da corporación municipal.
Anunciouno este xoves a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “o equipo de goberno do Concello de Lourenzá levamos ao vindeiro pleno unha modificación puntual das normas subsidiarias no que atinxe ao retranqueo das fincas co colindante para pequenas edificacións nos núcleos rurais. Ata o de agora as normas subsidiarias dispoñían 5 metros de retranqueo, pero a demanda veciñal estas edificacións para unha construción máxima de 50 metros cadrados, é dicir para leñeiras, garaxes ou edificacións similares, poderanse facer ao linde co veciño, como tamén así o dispón a lei 2/2010 do Solo de Galicia. Estas construcións terán unha altura máxima de 2,5 metros, que poderán incrementarse ata 3,5 metros, sempre e cando haxa o consentimento do colidante por escrito. Estas dúas medidas sempre sobre o rasante natural do terreo; ademais o punto máis alto da edificación non pode superar os 3,5 metros”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



