Ribadeo, 26 de decembro de 2013. Oito rúas e espazos públicos de Ribadeo recibirán nomes de topónimos ou de persoeiros ilustres e vinculados con este concello: Juan Suárez Couto, Irmáns Suárez Couto, Irmáns Pérez Prieto, Illa Pancha, Lodeira, Pipelo, Antonio Rodríguez Darriba e praza da Música. Os actos de descubrimento das placas terán lugar este venres pola tarde e o sábado pola mañá.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo non queremos acabar o ano sen inaugurar estas rúas que estaban pendentes de descubrirlles a praca correspondente despois de que hai varios meses xa a Corporación Municipal acordara de maneira unánime darlle unha denominación a estas rúas, avenidas ou espazos públicos, tomando nomes de topónimos, nomes de lugar, nomes de persoeiros ilustres de aquí de Ribadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas súas xentes, un compromiso con Galicia ou un fondo espírito humanista”.
O rexedor engadiu: “de aí os nomes destas oito rúas e espazos que serán inaugurados na tarde-noite de mañá, venres, e o sábado pola mañá. Sabemos que non dan moi bo tempo e confiamos en que en cada unha delas poidamos facer o que viñemos facendo sempre, que é convidar a todos os veciños desa rúa ou dese espazo público e que despois de dicir unhas palabras o alcalde ou algún concelleiro dos outros grupos da Corporación descubramos a praca e que os nenos e nenas da Escola de Música e Danza interpreten algunha peza para deixar inauguradas, como se merece con toda honra e toda distinción, estas rúas e espazos públicos de Ribadeo”.
Suárez Barcia fai extensivo este convite “non só aos veciños e veciñas desas zonas senón a todas as persoas que se queiran achegar a estar con nós nos actos de inauguración de rúas que imos ter mañá e tamén o sábado”.
Mañá, 27 de decembro, ás 18 horas será a inauguración da praza da Música. A Corporación quixo darlle tratamento oficial ao nome popular deste espazo desde hai uns anos. Ás 18:30 horas será o acto na rúa do Pipelo. Neste caso a Corporación quixo recuperar o topónimo do regato que levaba ese nome e que ía desde Ove ata o casco vello pasando polo lavadoiro dos Fornos. E ás 19 horas terá lugar a inauguración da rúa Antonio Rodríguez Darriba. A Corporación quixo recoñecer a labor e o altruísmo deste médico ribadense cos máis necesitados.
Xa o sábado, 28 de decembro, ás 12 do mediodía será o acto de inauguración da rúa Juan Suárez Acevedo. A Corporación quixo recoñecer a importancia deste destacado ribadense, profesor e intelectual humanista. Ás 12:30 horas desenvolverase o acto na rúa da Lodeira. Neste caso a Corporación quixo manter o topónimo deste entorno dándolle o nome á rúa principal. Ás 12:50 será inaugurada a rúa Irmáns Suárez Couto, aos que a Corporación quixo recoñecer o traballo e entrega ao mundo da cultura, da técnica e da innovación destes ribadenses egrexios. Para as 13:10 está prevista a inauguración da ría Irmáns Pérez Prieto. A Corporación quixo recoñecer o traballo, o fondo espírito altruísta e o sobranceiro galeguismo destes dous ribadenses egrexios. E os actos rematarán ás 13:30 horas na rúa da Illa Pancha. A Corporación quixo oficializar o nome nunha rúa dun marabilloso e singular espazo da costa ribadense.






















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



