O Pleno Provincial aprobou, cos votos a favor de PSOE e BNG e coa abstención do PP, o Plan Estratéxico de Subvencións para 2014, que cumpre cos compromisos do Orzamento da Deputación, que son impulsar o emprego, garantir servizos públicos de calidade e cooperar cos Concellos, por valor de 9 millóns de euros.
A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, explicou que da cantidade total, preto de 4 millóns de euros son para emprego, “cantidade que se engade ós 12,8 millóns de euros dos novos plans de emprego para todos os Concellos que poremos en marcha no 2014”, lembrou.
• Para potenciar os principais sectores produtivos -gandería, agricultura, pesca, comercio, artesanía, turismo así como o empresarial- achéganse 3,6 millóns de euros. Neste bloque, inclúense as axudas a todas as confrarías de pescadores da provincia, o plan de impulso ó sector primario con melloras de infraestruturas, un proxecto de desenvolmento empresarial, así como as colaboracións con Acruga ou coa Festa da Castaña de Folgoso do Courel, a Festa do Berberecho de Foz, a Feira do Grelo de Abadín, a Mostra de Aceite de Quiroga, a Edición do Viño de Amandi de Sober….
• Para novas bolsas de emprego e a mellora da formación, achéganse 280.000 euros, “que se engaden ós 300.000 euros de fondos europeos dos que xa dispoñemos”. Neste bloque, inclúense as becas Leonardo da Vinci ou as colaboracións cos Máster en Prevención de Riscos Laborais ou o de Dirección de Recursos Humanos
Dos 9 millóns de euros, 4,1 millóns de euros son para cooperar cos Concellos.
• Para actividades educativas, culturais, deportivas e de promoción do patrimonio no rural dos 67 Concellos da provincia, combatendo a sangría demográfica, achéganse case 2,9 millóns de euros.
• Intensifícase a cooperación cos Concellos con 1,2 millóns de euros para a mellora de dotación públicas municipais, como por exemplo, traídas de auga, instalacións deportivas, culturais ou patrimonias, aforrando cartos ás entidades locais.
Finalmente, para benestar social adícanse 900.000 euros, “presuposto que se engaden ós 2,9 millóns de euros para servizos sociais, así como ós 15 millóns de euros para a rede pública de residencias e centros de día”. Inclúense neste bloque, as axudas a colectivos sociais como Raiolas, Auxilia, Alzheimer Lugo, Alucem, así como a colaboración co Concello de Ribadeo para a construción da residencia pública…
Anteproxecto sobre a Lei do Aborto
Co voto en contra do Partido Popular, a sesión aprobou a moción do PSOE coa que a Deputación de Lugo manifesta o seu absoluto rexeitamento ó anteproxecto de Lei Orgánica sobre o Dereito do Concebido e da Muller Embarazada e esixe ó Goberno Central a súa inmediata retirada, deixando en vigor a actual lei de prazos, acorde ó ámbito europeo e froito do consenso das diferentes forzas políticas. A Deputada provincial Sonsoles López Izquierdo salientou que o anteproxecto de Lei do PP “deixa a muller sen capacidade de decisión, converténdoa nunha mera xestadora, e sitúa a España á cola dos países da Unión Europea en dereitos femininos relativos ó aborto. A norma nin sequera recoñece o aborto por malformación, enfermidade incurable ou anomalía fetal incompatible coa vida. Ademais, endurece o proceso administrativo para abortar nun claro intento para demorar a decisión e así quedar fóra do prazo legal”. Ante a postura do PP, López Izquierdo remarcou que “están a subscribir que a muller non ten dereito a decidir sobre o seu corpo só por compracer á ultradereita. A señora Candia non foi quen nin de debater esta moción”, xa que lle cedeu a palabra a Fernando Pensado.
Políticas en apoio ás familias
Malia o rexeitamento de todos os Deputados do Partido Popular, o equipo de Goberno Provincial aprobou a proposta que esixe ós “Executivos antisociais do PP que lideran Feijóo e Rajoy” que incrementen as partidas adicadas a familias en risco de exclusión, subvencionando a gratuidade dos bens de primeira necesidade como a electricidade, para atallar a pobreza; que aumenten as partidas para plans de emprego, distribuíndoas de xeito equitativo entre a totalidade dos Concellos lucenses; e que asuman o incremento da suba do canon de SOGAMA, así como que eliminen o canon da auga. Ante a postura do Partido Popular, o Deputado provincial Manuel Martínez subliñou que “arrasaron co país, subindo o IVE, IRPF ou IBI, recortando as pensións, impoñendo o repago de fármacos, comedores, transporte escolar, incrementando as taxas universitarias, subindo a luz ou co falsamente chamado céntimo sanitario. Pero a vostedes isto non lles preocupa nin lles afecta porque teñen caixa A, B e C”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



