Dende o Grupo Municipal Socialista de Foz, en primeiro lugar, queremos desmentir que a día de hoxe exista ningún tipo de negociación ou contacto co goberno municipal do Partido Popular en relación á ubicación da futura EDAR, nos mostramos sorprendidos coas declaracións públicas do alcalde neste senso, pedíndolle que rectifique, que deixe de manipular a opinión pública e de mentir aos veciños. A este respecto, a voceira, Rosa Pérez Gradaílle, declara que: “Eu mesma lle comuniquei ao alcalde no nome do Grupo Socialista que non vai haber ningún tipo de pacto nin acordo previo entre ámbalas dúas forzas políticas, que todo canto se negocie terá que ser con luz e taquígrafos, nunha Xunta de Voceiros ou Comisión Informativa con tódolos grupos políticos da Corporación presentes”.
“É máis”, manifesta a voceira socialista, “temos serias dúbidas de que o alcalde de verdade pretenda aprobar a ubicación da nova EDAR no lugar de Forxán, despois da actitude que mantivo no último Pleno, no que, unha vez máis, a súa falla de talante democrático lle impediu aprobar dita proposta por non ser capaz de asumir ningún tipo de garantía en relación á futura instalación; polo que pensamos que o que quere é ir de vítima e manipular a opinión dos veciños”.
Os concelleiros do Grupo Socialista queremos deixar claro que dende sempre actuamos con coherencia e responsabilidade en relación á ubicación da nova EDAR, e que seguimos defendendo, tal e como o noso partido vén facendo dende fai sete anos, a ubicación na zona de Forxán, pero iso non significa que o noso Grupo lle vaia dar un cheque en branco ao Partido Popular nun asunto de tal relevancia, senón que esiximos unhas mínimas garantías en relación á futura instalación que, a día de hoxe, o alcalde non foi capaz de asumir, como que a futura EDAR conte con capacidade suficiente para asegurar o seu correcto funcionamento e que non vai causar molestias aos veciños da zona; que vaia soterrada co fin de minimizar o seu impacto visual; que conte cun emisario de lonxitude e envergadura suficiente para garantir que os vertidos non contaminarán as nosas costas; que exista un compromiso serio de que o Polígono Industrial de Fazouro vai a contar cunha depuradora propia, tal como esixe a lei, e os residuos que verta non vaian a rematar sendo tratados na EDAR de Forxán; que o barrio de Forxán se vexa beneficiado dalgún xeito no PXOM, por exemplo, prevéndose un espazo de esparcemento público ou zona verde; e, por último, que se dote unha partida orzamentaria para a construcción da nova EDAR, xa que, cando no ano 2007 o goberno municipal socialista intentara ubicar a depuradora neste mesmo emplazamento, contábase cun anteproxecto e unha partida orzamentaria de varios millóns de euros, algo que ao Partido Popular daquela non lle pareceu suficiente, polo que nos parece lamentable que tiveran que pasar sete anos para que este alcalde nos veña agora coa mesma proposta de ubicación pero sen ningún tipo de garantía respecto á futura instalación, e sen contar tampouco cun compromiso orzamentario da Xunta para a mesma, o que nos plantexa serias dúbidas de cal é a vontade política do Sr. Castiñeira en relación a este asunto, e nos fai pensar que unha vez máis é ir de vítima e distraer a atención dos veciños para ocultar a súa ineptitude e a súa nefasta xestión.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



