Independentemente de que vostede teña algunha débeda que se cadra só vostede e o seu acreedor coñecen (unha persoa da familia, amiga…) nas Contas Económicas que elabora o Banco de España podemos informarnos do que, como media, debe cada habitante do Estado español.
A DÉBEDA PÚBLICA
Supoño que vostede non se parou nunca a botar conta de canto debería pagar para poñer “a cero” o contador da Débeda Pública do Estado español. Non se me asuste, non pase á páxina seguinte aínda; as contas están moi claras: cada habitante de España debe, como media e redondeando a cantidade á baixa, nada menos que 20.000 euros.
Multiplique polo número de persoas que forman a súa familia e xa ten os miles de euros que esta debería pagar para que o Estado español quedase coas contas equilibradas. Son tres persoas na súa famila? Pois deben 60.000 euros, que ao cambio veñan ser nada menos que dez millóns das antigas pesetas.
Cal é a débeda total do Estado español actualmente? Pois ascende a 952.359 millóns de euros. Sí, case, case, un billóns de euros! Quere que llo poña en euros; pois aló vai o dato, que espazo temos de abondo: 952,359,000,000 euros.
Ben sabemos que un dos moitos miragres que Rajoy prometeu na campaña electoral foi o de baixar o endebedamento público. Sabe como variou no bienio negro do goberno Rajoy? Pois medrou a débeda pública en 218.024 euros: en porcentaxes do PIB, pasou do 70,5% de decembro de 2011 ao 93,1% do mesmo mes de 2013.
Vaia diminución! Subiu nun 32% no primeiro bienio marianista. Pero non se preocupen, porque, se cadra para compensar, hai cousas que prometeu que as baixaría e subiunas: os impostos (IRPF, IVA, impostos especiais…) e varias taxas.
Para que “diminuíse” o endebedamento público (…ese que medrou nun 32% nos dous últimos anos), o goberno foi quen de introducir novas fontes de ingreso público (como o repago dos medicamentos polos pensionistas da Seguridades Social… que xa financian cos tributos) e de rebaixar drasticamente o gasto público. Velaí algúns exemplos dos recortes: en sanidade, ensino, dependencia, servizos sociais, na retribución dos empregados públicos (impago da “extra” de nadal en 2012, diminución do 40% das dúas “extras” en Galicia nos anos 2013 e 2014, etc).
A DÉBEDA PRIVADA
Si, seguro que moitos de vostedes teñen, ademais, una débeda persoal, privada, pola parte do préstamo hipotecario que aínda non amortizaron… ou polo que non devolveron dos cartos que pediron para a compra do coche.
E se son empresarios, posiblemente deban sumarlle o endebedamento derivado da súa actividade económica. O conxunto da débeda privada (das familias e máis das empresas) é moito maior que a débeda pública. Tratarei noutra ocasión da débeda empresarial; céntrome hoxe na privada.
O endebedamento das familias ascende a 860,356 millóns de euros no total do Estado español.; un 90% é débeda a longo prazo (771,006 millóns de euros)… polo que durará ben anos.
A DESIGUALDADE MEDRA
Seguro que ese endebedamento (público máis privado) non vai ser unha carga moi pesada para as 20 persoas máis ricas de España, xa que acumulan tanto diñeiro como os 10 milllóns de persoas máis empobrecidas.
Si, escribín empobrecidas e non pobres, porque dá unha visión dinámica do proceso da sociedade: moitas familias que formaban parte da clase media foron expulsadas dese grupo mediante un empobrecemento moi importante no último quinquenio.
O 20% de persoas máis enriquecidas de España multiplicaban por 5´3 no ano 2017 o patrimonio do 20% das máis empobrecidas. Na actualidade o multiplicador pasou a ser 7,5.
Si, medrou a desigualdade nun 41.5% en España desde o estoupido das burbullas inmobiliaria e financeira. E asi chegamos a un triste record: a conseguir a medalla de plata en Europa, por detrás tan só de Letonia. Co ben que estabamos sin pisar podium…!
“ESPAÑOLITO QUE VIENES AL MUNDO…”
Non sei se unha das dúas Españas (a centralista, conservadora e máis a progresista, respectuosa coas nacións e rexión que a integran) ás que alude un coñecido poema de Antonio Machado lle vai xear o corazón aos “españolitos” que veñan ao mundo.
Tampouco sei se traerá un pan baixo o brazo, pero estou seguro de que virá cunha pesada carga nas súas costas, polo peso dos miles de euros que lle deixou de recordo a anterior xeración. A “xeración límite” á que cantou Miguel Rios?
Manuel Roca Cendán


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



