A Rexión de Murcia reválida o título de Campión de España de Seleccións Territoriais Sub 17 Feminino tras vencer (2-1), na prórroga, á Comunidade de Madrid nunha final apaixonante que fixo as delicias dos espectadores congregados no pavillón Vista Alegre de Burela.
A edición do Campionato de España celebrado na vila mariñá pasará ao recordo polo éxito; deportivo, organizativo e da numerosa asistencia de público presente durante o evento, pero tamén porque será o Campionato de Josefa Susarte Párraga “Pepa”. A xogadora murciana liderou á súa selección á conquista do cetro nacional cunha extraordinaria demostración do seu enorme potencial, sobre todo nos momentos decisivos de cada encontro. Especialmente destacada foi a súa actuación na semifinal ante Galicia (2-4) conseguindo os catro goles e na gran final ante Madrid que decidiu co seu liderado e o seu dobrete goleador.
A gran final
Murcia e Madrid iniciaron a gran final con nervios que propiciaron numerosas imprecisións e un xogo desordenado en ambos combinados. Co paso dos minutos as murcianas empezaron a levar o timón dun choque no que Madrid sentíase máis cómodo esperando ao seu rival. As madrileñas pechaban ben os espazos ás murcianas que recorreron aos disparos de media distancia como recurso de perigo. Ana, porteira madrileña, neutralizou todos os intentos con solvencia.
Sen goles chegouse ao descanso e na continuación mantívose o discurso inicial. Madrid cedía a posesión en busca da súa oportunidade e Murcia combinaba pero non lograba concretar as súas xogadas. No minuto 22, apareceu a ocasión madrileña e Sofía amosou o seu oportunismo no área marcando o 0-1. Con este marcador, a selección madrileña reafirmou o seu plan de continxencia e contragolpe ante unha escuadra murciana que acusou o golpe durante uns minutos. Segundo avanzaba o encontro, Pepa comezou a asumir galóns e a xerar cada vez máis perigo, aínda que a mellor ocasión chegou das zapatillas de Andrea que estrelou o seu disparo no pau, minuto 31.
A defensa madrileña resistía o acoso murciano e no minuto 37 chegoulle un balón de osíxeno coa expulsión, dobre amarela, de Alba. Murcia quedábase en inferioridad pero en canto puido amosou a súa determinación, porteira xogadora á pista. Cando Madrid acariñaba o título emerxeu, unha vez máis, o talento de Pepa. Cun golazo de falta, a 49 segundos do final, a murciana empataba a final (1-1) que tras finalizar con táboas decidíase na prórroga.
No tempo extra, Murcia foi netamente superior a Madrid que ademais cubría o bono de faltas, circunstancia finalmente decisiva no desenlace. As madrileñas salvaron o vendaval do seu oponente grazas á madeira; ata tres paus evitaron o gol murciano. Na segunda parte, sen tantas ocasións entrouse no último minuto co 1-1 e a 28 segundos do final chegou a ocasión soñada para Murcia. Dobrepenalti a favor e Pepa asumindo a responsabilidade. Sen dúbidas, Pepa fulminou a portería madrileña para selar a remontada e vencer (2-1) a Madrid que perdeu as súas aspiracións na beira.
Ficha técnica
Rexión de Murcia: Vero, Alba, Pepa, Andrea, Noelia -cinco inicial- Carmen, María, Tere e Ángela.
Madrid: Ana, Houda, Anita, Sofía, Luz -cinco inicial- Ainhoa, Laura, Paula Llorente, Laloma, Pau.
Goles: 0-1, m.7 Sofía; 1-1, m.40, Pepa; 2-1, m.50, Pepa.
Árbitros: Cid Bragado, Ruano Melón. Colexio Galego. Expulsaron con dobre amarela a Alba (min. 38) e ao seleccionador murciano, Ignacio Garrido. Amonestaron a Paula e Laura de Madrid e a Andrea por Murcia.
Incidencias: Final do Campionato de España Sub 17 feminino que se decidiu na prórroga tras finalizar os 40 minutos reglamentarios con empate a un. Pabellón, Vista Alegre de Burela.
Entrega de trofeos
O presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol; D. Antonio Escribano fixo entrega da Copa de Campión á Rexión de Murcia e o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol; D. Anxo Antonio Fernández Lendoiro, a Madrid como Subcampeón. O Presidente do Subcomité dos Campionatos de España de Seleccións Territoriales no CNFS da RFEF; D. Gonzalo Azkárate-Gaztelu e Suárez entregou o trofeo ao Fair Play a D. José Luís Sáez Castro, vicepresidente do CD Burela FS Peixes Rubén e membro da Federación Galega de Fútbol.
A selección de Galicia; representada por D. Anxo Antonio Fernández Lendoiro, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, recibiu o premio ao Xogo Limpo de mans do Alcalde de Burela, D. José Mª Gónzalez Barcia. O conxunto arbitral; Cid Bragado, Ruano Melón e Francisco recibiron de D. Antonio Escribano Ramos o trofeo commemorativo da final.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
