Lugo, 27 de setembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular, pedirá, na sesión plenaria provincial que terá lugar este martes, o deseño dun plan para poñer en valor o patrimonio da Deputación de Lugo.
A través dunha moción, os populares instarán ao Ente Provincial a que deseñe un plan de posta en valor do patrimonio da Deputación, de xeito que a reactivación destes inmobles permitan xerar riqueza nas localizacións onde se asentan e, sendo conscientes da actual situación económica, propoñen que este plan se rexa por criterios de prioridade, planificando as actuacións en función do grao de repercusión que poden ter sobre a dinamización da zona
Afirman os populares que parte deste patrimonio, tal como o complexo de Augasmestas en Quiroga e o do Mirador de Mondoñedo, atópanse en estado lamentable, unha situación de total deterioro, que se incrementou ao longo destes anos co goberno bipartito ao fronte da Deputación de Lugo.
Di o PP, que a maiores, existen outros inmobles restaurados, como é por exemplo, o caso da antiga reitoral do Mosteiro de San Facundo, en Paralela, que en cuxa posta en valor investiron diferentes administracións e sin embargo, Besteiro e Veiga, non lograron sacar adiante ningún proxecto para a súa dinamización.
Manifesta o GPP que sendo a Deputación de Lugo, a responsable directa dos inmobles, é da súa competencia o deseño dunha folla de ruta que permita a posta en valor deste patrimonio, establecendo uns criterios de prioridade e, polo tanto, unha planificación na actuación e deste xeito priorizar os investimentos naqueles que podan xerar unha repercusión maior no lugar onde se asentan.
Conclúen os populares lembrando que se interesaron en determinadas ocasións en pleno por estas infraestruturas, sen obter unha resposta fructífera, polo que, co único obxecto de velar pola salvagarda do patrimonio provincial que está a infravalorar Gómez Besteiro, ata o punto de que a situación que presentan algúns dos inmobles pode chegar a poñer en risco a seguridade dos cidadáns, presentan esta moción.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



