A ASOCIACIÓN CULTURAL CASA DAS LETRAS de Ribadeo, dentro das Xornadas dedicadas aos Camiños de Santiago, organiza este xoves 30 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, a seguinte conferencia: O ITINERARIO SIMBÓLICO DA VIA PRIMITIVA, A SÚA DELIMITACIÓN E CONEXIÓNS HISTÓRICAS COS CAMIÑOS DO NORTE. O encargado de impartir a conferencia é Ricardo Polín, doutor en Filoloxía Medieval e historiador; autor de numerosos estudos históricos e literarios que ten publicado máis dunha trintena de libros que inclúen traballos de crítica textual e edición de textos antigos polos que lle foron concedidos diversos galardóns, como o Premio Extraordinario de Doutoramento, o Premio da Crítica de Galicia á investigación, o Premio literario Ánxel Fole ou o Premio do Ministerio de Cultura á edición. Durante varios anos formou parte do Comité Asesor do Camiño de Santiago.
Ricardo Polín fala sobre o Camiño Norte en Ribadeo
Ricardo Polín fala sobre o Camiño Norte en Ribadeo
Relacionado
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»