A Mariña, 6 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego denunciou na xornada deste xoves os graves prexuízos que para o conxunto do complexo pesqueiro da Mariña representan os criterios de reparto das especies peláxicas (principalmente o corriolo e a xarda ) feito na negociación encabezada polo Ministerio e que significa unha nova discriminación para Galiza xa que a pesar de contar con máis da metade das embarcacións do Estado que se dedican ao cerco só dispoñen do 24,8 da cota de xarda.
As ínfimas cotas de pesca poñen en perigo en perigo o sector extractivo e de transformación na comarca
A Portavoz Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, indicou que “a día de hoxe son sete as embarcacións da comarca que usan a arte do cerco, sete embarcacións que ocupan de xeito directo 79 persoas, porén hai que ter en conta que a práctica totalidade do sector transformador pesqueiro da Mariña está vinculado á transformación da xarda e do corriolo, actividade que na temporada alta da pesquería chega a ocupar a preto de 500 persoas, nas plantas que operan en San Cibrao e Foz, e que xa o ano pasado polas restricións que se teñen impostas, naquela altura pola Unión Europea, viron como a actividade se reducía. Ou somos quen de determinar uns novos criterios de reparto das cotas da xarda ou do corriolo, ou estamos asinando a morte do sector do cerco na Mariña e poñendo contra as cordas ao sector da transformación que está ligado a parte das especies que capturan os cerqueiros”.
Unha pesquería con moi bo resultado económico para o sector extractivo e da transformación
“Chove sobre mollado neste tema posto que o ano pasado xa houbo que paralizar a campaña no medio da temporada e non precisamente por falta de peixe “ afirmou Ermida quen lembrou que “as embarcacións que andan ao cerco xa compiten en desigualdade de condicións con outras artes nunha pesca que se demostrou particularmente rendíbel porén aquí temos un problema engadido pola alta dependencia que da xarda e do corriolo ten o sector de transformación, que non só ocupa man de obra intensivamente senón que xera unha alta produtividade posto que as especies das que falamos destínanse na súa práctica totalidade ao comercio exterior, chegando a mercados como os balcánicos, os do leste de Europa e aos estados do Golfo e do norte de África. Non deixa de ser curioso que os problemas para a pesca galega e tamén para o sector,- fomos nos quen puxemos en valor estas especies no mercado-, “comezaran no momento en que os Estados do norte da UE se decataran desta valorización”.
A comarca á cabeza nas lonxas galegas na captura en fresco que precisa afianzar o sector da transformación
Ana Ermida quen volveu a sinalar que “A Mariña con 112,979 millóns de Euros seguiu en 2013 á cabeza no referido á venda do peixe fresco no conxunto das lonxas galegas, mesmo por riba de Vigo, precisa afianzar un sector de transformación, sector de transformación que de facto en réxime de monopolio se vincula as especies que primeiro a Unión Europea e agora o Estado español e a Xunta de Galiza regalou a outros territorios nunha negociación que mereceu o rexeitamento practicamente unánime do sector do cerco en Galiza, sector que se atopa amarrado nun 90% e que xa ven de pedir a dimisión da propia Conselleira de pesca e Medio Rural que deu por bo o reparto, ou o que é o mesmo, avalou por acción unha nova venda de Galiza. A Mariña precisa fechar o ciclo do complexo pesqueiro e iso a día de hoxe pasa polas posibilidades de poder sacar réditos en especies como a xarda e o corriolo”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



