Os concelleiros de Unifoz votaron este venres a favor da solicitude dun obradoiro de emprego xuntos cos Concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo denominado ‘Pardo de Cela’ nun Pleno convocado con carácter de urxencia.
O seu voto a favor arguméntase por “responsabilidade e para que o acordo fora respaldado por unanimidade da Corporación”; aínda que, UNIFOZ quixo recordar unha nota que fixo pública o 11 de xaneiro de 2014 “a que este goberno nin fixo caso, como de costume”. Nela, pedían ao goberno do PP de Foz que “o Concello tería que presentar un proxecto serio, que teña dous obxectivos fundamentais: formación, e realizar proxectos necesarios para o Pobo, así mesmo consulte coas asociacións de veciños sobre necesidades de actuacións en parroquias, para melloras de centros sociais públicos, e novas actucións, así como traballar en accesibilidade e seguridade víal no Pobo, nun proxecto dun museo etnográfico relacionado coa ruta do río Ouro e os Muíños do río Centiño”. Así mesmo, consideraban necesaria “a posta en valor de puntos de interese turístico coma Flouxeira, Os Castros, con paneis de interpretación, sinais de rutas….”
Visto o extracto do proxecto que se presentará Unifoz entende que “é un proxecto pouco imaxinativo, e sen pensar nas verdadeiras necesidades do Pobo. Resulta que se realizaran labores de limpeza no río Ouro e Moucide, cousa que é competencia da Xunta de Galicia”, afirman.
Polo mesmo, UNIFOZ pídelle ao goberno do PP de Foz que no proxecto se inclúan:
-Melloras de accesibilidade para o pobo en espazos públicos e vías públicas, segundo proxecto que consta no propio Concello.
-Melloras en edificios públicos, como Casa da Cultura e o propio Concello, que están moi deteriorados.
-Que se inclúan tamén o río Centiño, para potenciar a ruta dos Muíños
-Que se inclúa no proxecto a mellora de espazos verdes que se sacou a concurso para unha empresa privada, pois de este xeito o Concello podía aforrar 36.000 € para o presente ano 2014.
-Que se lle de publicidade as bases do abradorio, tanto para os alumnos/as, como para a contratación de monitores.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



