Vilalba acolleu este domingo 9 de febreiro o Campionato Provincial de campo a través escolar onde a sección de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo volveu a ser protagonista positiva obtendo novos resultados históricos que xa non sorprenden, pero sí seguen alegrando.
Benxamín feminino:
O equipo formado por Valeria, Diana, Carmen, Antía, María e Aldara proclamouse Campión Provincial.
Benxamín masculino:
O equipo formado por Fernando, Manuel, Ian, Brais e David proclamouse Subcampión provincial.
Alevín feminino:
O equipo formado por Ainara, Ana, Hiba, Ainhoa, Carme e Marta; subcampioas provinciais. E, ademais, a nivel individual, título para Ainara Rodríguez e subcampionato para Ana Vallines.
Alevín masculino:
O equipo formado por Alexandre, Nico, Hugo, Mario, Aleix e Xaquín, Campión Provincial. E a nivel individual, título provincial para Alexandre Santiago e bronce para Nicolás Álvarez Fojo.
Infantil feminino:
O equipo rematou na cuarta posición a 2 puntos do bronce, tendo nas máximas expoñentes a Lidia Barreira e Claudia Graña.
Cadete Feminino:
Campioas provinciais o equipo formado por Carmen, Xana, Arabela e Érica.
Cadete Masculino:
Aaron Rivas, Subcampión Provincial de campo a través.
Outros resultados
Ademais, Marta Fernández Muñoz (O Pilar) foi Subcampioa Provincal en benxamín feminino e o equipo de San Roque foi bronce en alevín feminino. Así mesmo, o equipo de AD Mariña (formado por representantes de Lourenzá, S. Roque e Galdo) proclamouse campión provincial por equipos da categoría cadete.


























A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
