O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro realizou este venres o sorteo das 7 ceas románticas da Campaña que puxo en marcha para San Valentín.
Ó longo dunha semana repartíronse un total de 10.000 papeletas entre os clientes do comercio asociado ó Casco Histórico. As 7 ceas desfrutaranse este sábado 15 e os gañadores son os seguintes:
1º Mesón A Baiuca.- Cecilia Fraga
2º Restaurante O Muro.- Roque B. Fanego
3º Restaurante O Asador.- Ana Abad
4º Restaurante Casa Pepi.- Ovidio Diaz Bello
5º Bar Normandy.- Jesús Iglesias
6º Mesón O Recuncho.- Iria Fernández Díaz
7º Mesón Imperial.- Tania González Iglesias
As papeletas gañadoras foron entregadas en Óptica Casariego, Mesón O Recuncho, Muebles Catá, Mesón A Baiuca, Centro Inmobiliario a Mariña, Cafetería Cantábrico e en Grafity.
Tódolos gañadores poderán desfrutar dunha agradable cea e unha estupenda velada nun marco incomparable, o Casco Histórico de Viveiro.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



