O VII Campionato de España en Sala para as categorías cadete e menores de 14 anos, celebrado en Cambrils (Tarragona), “marca un fito histórico”, segundo manifesta o presidente da Federación autonómica; xa que é a primeira vez que Galicia disputa unha final nacional.
E é que o resultado non pudo ser mellor para o tiro con arco galego tras conseguir o campionato, subcampionato e terceira posición por equipos na categoría cadete. E entre eses resultados, destaca a segunda posición de Gabriel Galante Briones, do club de tiro con arco IADOVI de San Cibrao, que foi derrotado no quinto set da final polo arqueiro pontés Daniel Castro Barcala, do Club Sílex.
Os dous montruos galegos do tiro con arco enfrontándose novamente nunha final. Moi centrados no primeiro set, comeza a festa de noves e deces con empate 1-1-. No segundo set, Dani falla a primeira frecha, aínda que moi pegada ó nove, resulta ser un oito e é a que determina o gañador do set con vantaxe para Gabriel, 3-1. No terceiro set Dani está máis fino e logra o set e con iso o empate. Xa estamos 3-3 e no cuarto set Gabriel e Dani están que se saen nun empacho de deces que fai que empaten o set e o resultado acumulado é de 4-4. Dani logra a máxima puntuación (30) no quinto set, e aínda que Gabriel non se queda atrás, non é tan certeiro e so consegue 29 puntos, set e partido que se diría en tenis. Daniel Castro proclámase campión de España cadete e Gabriel Galante, subcampión, a pesar de que nas series clasificatorias, non conseguía situarse en moi boa situación logrando a novena praza con 544 puntos, 18 por debaixo da súa última marca.
Eliminatoria
O mesmo sábado celebrouse a súa primeira eliminatoria polo sistema de sets na ronda correspondente ao 1/16, enfrontándose ó representante catalán Carlos Alcázar Peñalver, o cal vence cun contundente 7-1. O domingo pola mañá reiniciábanse ás nove da mañá as series eliminatorias. Esta vez na ronda 1/8 tócalle cun vello coñecido, o asturiano Eduardo Muñoz Suárez, e como nas veces anteriores, Eduardo púxollo difícil. Empezan empatando o primeiro set, o segundo e incluso o terceiro. Os noves e deces sucédense un tras outros. Ambos arqueiros non se dan tregua. Así, non é ata a segunda frecha do cuarto set onde Gabriel logra unha pequena vantaxe, Ó representante asturiano cólaselle a frecha no oito e Gabriel aproveita a oportunidade sentenciando o set ó seu favor cun certeiro dez que o aventaxa en dous puntos ó seu rival. Na terceira frecha continua a vantaxe. Set para Gabriel cun resultado de 5-3. Inicia o quinto set e, de forma parecida ó anterior, os noves e deces se suceden. Outra vez o asturiano non soporta a presión e estrela a súa última frecha na zona do oito; mentres que Gabriel afina e logra vantaxe cun nove facéndose co set que lle traslada a cuartos de final onde lle toca contra o favorito: o ibicenco Andrei Aghiorghiesei, un arqueiro máis experimentado que minimizaba as súas ilusións de subir ó podio.
Gabriel non se achicou e deu batalla rematando o primeiro set cun empate a 29 puntos. O segundo comeza tamén con tensión no ambiente tras dous deces certeiros de ambos. Na segunda frecha Andrei comete un fallo que dará vantaxe a Gabriel; xa que por pouco se estrella na zona do oito moi próxima do nove. Gabriel consegue o nove claro e aventaxa nun punto cambiando o set ó seu favor 3-1. No terceiro set Andrei perde concentración e Gabriel anótao tamén por un punto de diferenza, 5-1. O cuarto set que lle podía dar a vitoria faise eterno. Andrei remata primeiro con 29 puntos, mentres que Gabriel se toma o seu tempo xa que leva dous deces e cun nove empataría. Sería suficiente, pero quere máis e prolonga o seu tiro estrellando a súa terceira frecha no dez consiguindo a vitoria por 7-1 derribando ó favorito.
En semifinais Gabriel consegue unha cómoda vitoria contra o representante balear, Álvaro Fernández Martín, logrando un 6-0. Pola contra, o seu compañeiro galego tivo que verse contra Josu LLarramendi Alonso, do País Vasco, conseguindo a vitoria por 6-4 tras uns momentos de infarto que ofreceron a posibilidade de disputar unha final con sabor galego.
Menores de 14 anos
O outro arqueiro do club IADOVI, Ángel Galante Briones, con tan so 10 anos de idade, tamén sorprendeu, a pesar de non conseguir un resultado tan chamativo coma o do seu irmán. Aínda así, logrou superar a súa marca de adestramento na súa primeira participación nun campionato nacional nesta distancia e con esa diana: 18 metros e 80 centímetros reducida.
Ángel logra a 37ª posición con 474, superando a súa marca de 425, na categoría para menores de 14 anos onde superou a arqueiros de máis idade e experiencia nesta distancia e diana na que empregou arco e frechas de iniciació.
Equipos mixtos
En equipos mixtos, Galicia tamén pisou o podio logrando a terceira praza mediante o sistema de suma de puntuacións obtidas nas series clasificatorias polos arqueiros Daniel Castro Barcala, Gabriel Galante Briones e Taylor Murias Azevedo (do club Arcobarco do Barco de Valdeorras).
Novos retos
Agora queda pensar nos próximos retos marcados por Gabriel para este ano. Entre eles, a tirada de clasificación a celebrarse en Madrid o vindeiro 29 de marzo para o campionato de Europa cadete que se celebrará en LJUBLJANA (Eslovenia) sendo valedeiro para os xogos olímpicos para a xuventude que se disputarán en Nanking (China).



























A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
