Lugo, 25 de febreiro de 2014. A Deputación de Lugo, logo do pleno celebrado este martes e a instancias dunha proposta do BNG que se aprobou cos votos a favor dos dous socios de goberno e cos votos en contra do PP, instará á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado a derrogación da eliminación do dereito á asistencia sanitaria, das persoas que permanezan máis de noventa días fóra do Estado nun ano natural ou non residentes no Estado Español, adoptada polo Goberno do Estado no Real Decreto – Lei 16/2012. Nesta liña, a institución provincial esixirá á Xunta de Galiza a que, mentres non se proceda a derrogar este Decreto, asuma e garanta a atención sanitaria das galegas e dos galegos que se atopen nesa situación, conservando a súa tarxeta sanitaria.
O portavoz do BNG na Deputación, Mario Outeiro, afirmou que “desde que accedeu ao goberno do Estado, o PP está a acometer unha vaga de recortes en dereitos e conquistas sociais sen precedentes. Entre elas, a medida coa que eliminou o dereito á atención sanitaria universal, ficando recoñecida só para quen resida no Estado, polo que se lle nega dito dereito a todas as persoas que permanezan fóra do Estado español máis de 90 días nun ano natural, que neste momento son moitas por motivos laborais, debido tamén ás nefastas políticas económicas do PP que están a devastar os nosos sectores produtivos e a aniquilar a capacidade de xerar emprego en Galiza”.
“Unhas políticas – continuou Outeiro – que obrigan a miles de mozos e mozas, que padeceron xa o ano pasado un desemprego superior ao 50%, a saír do Estado español para atopar traballo. Un novo recorte de dereitos que afecta especialmente a Galiza e aos miles de galegos e galegas que se ven obrigados a emigrar para escapar da crecente situación de miseria que afecta ao noso País, con máis de 90.000 fogares con todos os seus membros sen emprego”.
Mantemento do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal – 065
Asemade, tamén se aprobou esixir do goberno da Xunta de Galiza o mantemento do Servizo galego de Apoio á Mobilidade Persoal – 065- por parte da Consellaría de Traballo e Benestar, para seguir prestando o servizo de transporte adaptado a todas as persoas con dificultades de mobilidade, así como aos colectivos de persoas con capacidades diferentes, que o necesiten e o demanden no País.
A este respecto, o portavoz do BNG argumentou que “a modificación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal -065- por parte da Consellaría de Traballo e Benestar é un novo paso na eliminación dos programas de dependencia e benestar. A Xunta pretende deixar de prestar o servizo de traslado diario ou semanal dos dependentes aos centros para realizar as terapias”, e lembrou que “o Consorcio de Benestar terá o seu propio transporte para as persoas dependentes usuarias dos seus centros”.
“Unha vez máis, a Consellaría de Traballo e Benestar desmantela un servizo necesario, como é o de transporte adaptado, que custou moito esforzo deseñar e implantar e que daba servizo de xeito regular aos dependentes que así o solicitaran. De novo, fálase de racionalización e eficacia por parte do Goberno galego cando deberíase dicir desmantelamento do servizo de 065” – insistiu Mario Outeiro.
Sogama
A Deputación de Lugo tamén manifestou o seu rexeitamento ao canon de Sogama, en solidariedade coa Administración Local, aprobando, co apoio do Grupo Provincial do BNG, e co voto en contra do PP, esixir a súa inmediata retirada por parte da Xunta de Galiza.
Para o BNG, esta proposta de incremento desmesurado dos custos de tratamento de lixo por parte de Sogama vén a confirmar as denuncias feitas con anterioridade polo BNG sobre o fracaso do proxecto de Sogama e o Plano de Residuos Sólidos urbanos implantado polo PP na Xunta de Galiza.
Neste sentido, Antonio Veiga afirmou que “a verdadeira razón da suba do canon non ten que ver coa relación entre os concellos e Sogama, como nos quere facer crer o PP, pois esta suba obedece a unha decisión política adoptada polo goberno central do PP na súa reforma do sector eléctrico que impón recortes nas tarifas para percibir pola coxeración eléctrica, e agora ante a caída de ingresos que sufrirá Sogama pola xeración de enerxía, óptase por cargarlle á cidadanía novamente este recorte en lugar de facelo sobre os beneficios das empresas xeradoras de enerxía”.
Veiga precisou que “unha vez máis o PP sitúase ao lado das grandes empresas enerxéticas, penalizando as fontes de xeración alternativas e afogando máis aínda aos concellos e aos contribuíntes” e insistiu “na vergoñenta postura dos alcaldes do PP de Lugo, moitos deles deputados provinciais tamén, que calan a boca diante das medidas inxustas que ditan desde o seu propio partido, o Partido Popular”.
O Bloque Nacionalista Galego reiterase neste Pleno Provincial no seu rexeitamento ao “taxazo” de Sogama imposto pola Xunta de Galiza, así como a súa aposta por un modelo de xestión de lixo alternativo que aposte pola redución, reciclaxe e reutilización; un servizo que aposte tamén pola comarcalización de cara a reducir o transporte e, en consecuencia, o impacto económico e ambiental.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



