Ribadeo, 26 de febreiro de 2014. No pleno extraordinario e urxente desta tarde, ás 20 horas, aprobarase o gasto plurianual das obras de construción da residencia de maiores de Ribadeo, o proxecto técnico e a licitación das mesmas. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que este mércores se dará un paso moi grande “neste soño colectivo que temos desde hai tempo”.
O rexedor sinalou que “no pleno de hoxe, desta noite, daremos un paso moi grande neste soño colectivo que temos desde hai tempo moitos, por non dicir todos os veciños e veciñas deste nobre concello”. Suárez Barcia lembrou que “vai facer agora dous anos en abril que máis de 1.000 persoas de Ribadeo, da vila e das parroquias, se botaron á rúa para esixir das administracións unha residencia en Ribadeo e escasamente dous anos despois dos moitos avatares, dos problemas económicos, de problemas coas normativas legais, con administracións, tamén de moito diálogo, de moito traballo entre todos, o goberno e a Corporación Municipal, en definitiva o movemento veciñal e asociativo puidemos conseguir facer realidade este soño”.
O alcalde ribadense dixo que “conseguimos que a Deputación se comprometera dunha maneira moi positiva economicamente con máis 1.800.000 euros e conseguimos, aínda que non o temos por escrito, que a Xunta puxera enriba da mesa 500.000 euros, pero insisto a día de hoxe non están conveniados todavía”. Fernando Suárez indicou que “temos que seguir dando pasos, temos unha cantidade moi importante de diñeiro que xustificar neste ano 2014 diante da Deputación. Polo tanto no pleno desta tarde imos aprobar tres puntos relativos á residencia de maiores: o gasto plurianual das obras durante os anos 2014, 2015 e 2016; o proxecto, que xa contou co visto e prace da Xunta aínda que para iso hai unhas semanas tivemos que tensionar de novo toda a corda a Corporación, de xeito unánime, xunto co movemento asociativo; e a licitación das obras, sacalas a concurso”.
O rexedor engadiu que “a partires de hoxe da súa aprobación e despois de que se publicite no boletín oficial correspondente abrirase un prazo para que todas as empresas cualificadas económica e tecnicamente poidan presentar as súas ofertas para que á volta duns dous meses poidan empezar estas obras tan importantes para Ribadeo e que se prolongarán por espazo dun tempo. Agardemos que para o 2016 sexa unha realidade, e que esta iniciativa que está plasmada nos planos se vexa plasmada nos terreos e no convenio”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



