Mondoñedo, 26 de febreiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo pediu este mércores ao equipo de goberno da localidade, dirixido polo nacionalista, Orlando González, un estudo rigoroso das alegacións presentadas por veciños, empresas e asociacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Os populares consideran que o amplo número de alegacións rexistradas e o contido das mesmas “requírennos facer un estudo en detalle de cada unha”, e a reflexionar que son moitos os veciños que atopan desconformidades cun documento que marca o futuro da localidade.
En concreto, o PXOM recibiu 238 alegacións e 10 manifestacións de apoio á corrección de deficiencias, tanto de persoas físicas como xurídicas (empresas e asociacións). Se o cálculo se realiza a través dos veciños afectados, estamos a falar de que estas alegacións están firmadas por entorno a 300 veciños; un número de afectados que se multiplica se contabilizamos ás persoas representadas a través de asociacións e empresas.
Dende o PP local resaltan a trascendencia do Plan Xeral de Ordenación Municipal para o municipio, que se contempla “crucial” para a localidade e que, polo tanto, require da maior disciplina na súa tramitación por parte do goberno.
Ante o exposto, o Partido Popular de Mondoñedo reitera a súa actitude comprometida para lograr un plan que responda tamén ás necesidades e propostas dos veciños; e pide, polo tanto, a maior implicación e responsabilidade por parte do PSOE e do BNG.
Os populares continúan deste xeito coa súa actitude activa, que puxo de manifesto durante o período de exposición pública do PXOM a través do asesoramento e información aos veciños, e da axuda á redacción de alegacións a maiores de presentar as súas mesmas.
Confirmado o pouco traballo e falta de rigor
Os populares tiveron esta mañá acceso ás alegacións presentadas polos veciños de cuxa análise se desprende a confirmación das denunciadas efectuadas polo PP, froito do pouco traballo e implicación do equipo de goberno, en algúns aspectos.
Entre eles, dende o PP lembran a necesaria actualización do PXOM á nova realidade existente despois das concentracións parcelarias ou inclusive ao deslinde, aprobado polo actual equipo de goberno, co concello da Pastoriza.
A maiores destas dúas circunstancias que implicaron a presentación de alegacións de veciños e do propio Concello da Pastoriza; aos populares tamén lles preocupan ás presentadas por empresas xa que de aprobarse así o plan, poderíase falar da perda de postos de traballo.