Burela, 1 de marzo de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade organizou diversos actos para conmemorar o vindeiro 8 de marzo o día internacional da muller. Haberá unha charla, un acto de recoñecemento, a lectura dun manifesto institucional e un xantar de confraternidade.
O salón de plenos do Concello acollerá a partires das 12:30 da mañá a charla titulada Mulleres de Burela, un exemplo de conciliación. Diana Durán explicou que “tres mulleres de Burela, que foron das primeiras autónomas que tiveron negocios propios, contarannos a súa experiencia. Cremos que elas poden ser un exemplo de conciliación para as mulleres novas porque foron nais, amas de casa, coidaron da xente maior que tiñan ao seu carón e atenderon os seus negocios”. Trátase de Piedad Picallo González, que tivo un lavado e engraxe e un hostal; Ana Mª López Oca, que rexentou unha zapataría; e Elena Fraga Armada, propietaria dunha pastelería. A edil popular sinalou que “elas rexentaron os seus negocios e ocupáronse da casa, porque daquela non había apoios da administración para conciliar a vida familiar e laboral. Dúas das participantes nesta charla coincidiron tamén traballando en Gres Burela. Con este acto queremos renderlles homenaxe a elas, pero facémolo extensivo ao resto das mulleres de Burela”.
Os actos do día internacional da muller seguirán ás 13 horas cun recoñecemento á asociación de amas de casa Praia da Marosa, “xa que levan 33 anos en activo e sempre foron un colectivo moi dinámico para o tecido social de Burela. Estarán con nós Ana Mª Pita Rey, que é a actual vicepresidenta, e Carmen Rodríguez Rey, que foi a primeira secretaria da asociación. Elas van relatar os motivos que as levaron a constituír a asociación e a seren tan activas e tamén nos falarán do antes e do agora da asociación de amas de casa Praia da Marosa”.
A partires das 13:15 horas haberá unha representación videográfica da temática do día feita por Antonia Fernández Rivas. “Trátase dunha colaboración desinteresada coa que nos deleita esta muller traballadora. As protagonistas serán as tres relatoras da charla e a asociación de amas de casa Praia da Marosa. Poderemos ver fotos daquelas épocas e coñecer as experiencias vividas por elas”, engadiu a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Muller e Sanidade.
O broche final do acto será ás 13:30 horas. A esa hora o alcalde, José Mª González Barcia, lerá o manifesto institucional, que dará paso ao xantar conmemorativo deste día, que está organizado pola asociación de amas de casa Praia da Marosa. Calquera persoa que queira participar nesta comida deberá dirixirse á propia asociación para retirar o tícket correspondente. Non é preciso ser socia para poder acudir a esta cita. Diana Durán quixo agradecer “a súa vontade por aunar esforzos na procura da igualdade entre mulleres e homes”.
A concelleira de Servizos Sociais fixo unha reflexión: “camiñando todos e todas cara o mesmo obxectivo poderemos chegar máis lonxe e conseguir mellores resultados de cara a unha igualdade efectiva e real”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



