Santiago, 9 de marzo de 2014.- O Xulgado de Viveiro vén de sumarse ás sedes xudiciais galegas con acceso a Internet de 100 Mbps, grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta. No marco deste Plan, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación desta tecnoloxía nas sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que xunto co de Viveiro, supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia.
O Plan facilitou xa o acceso a redes de 100 megas en 35 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas. Na provincia da Coruña dispoñen desta conectividade o 78 % das sedes xudiciais, en Pontevedra o 100%, e en Ourense, un 55% *.
A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.
Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.
Máis de 1 millón de galegos con acceso a 100 Mbps
Para o desenvolvemento de iniciativas como o Plan Senda e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha ano o Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a posibilitar que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.
Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración en colaboración co operador R e que xa permitiu que máis de un millón de galegos teñen acceso á redes de fibra óptica de 100 Mbps, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao usuario e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.
*Xuntase cadro por provincias coas sedes conectadas con esta tecnoloxía
| Sedes Xudiciais con Conexións Iguais ou Superiores a 100Mbps | |||
| A CORUÑA | LUGO | OURENSE | PONTEVEDRA |
| A Coruña | Chantada | Carballiño | A Estrada |
| Arzúa | Lugo | Ourense | Cambados |
| Betanzos | Mondoñedo | O Barco de Valdeorras | Cangas |
| Carballo | Monforte | Xinzo de Limia | Caldas |
| Corcubión | Vilalba | Lalín | |
| Ferrol | Viveiro | Marín | |
| Negreira | Ponteareas | ||
| Noia | Pontevedra | ||
| Ordes | Porriño | ||
|
Santiago de Compostela |
Redondela | ||
|
Ribeira |
Tui | ||
|
Vilagarcía de Arousa |
|||
| Vigo | |||



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



